PREVIA DA XORNADA DO 11 DE FEBREIRO DE 2018

FINALIZA A PRIMEIRA VOLTA NAS COMPETICIÓNS DE FÚTBOL - 11

Comeza o Entroido, que vén cargado de fútbol para os distintos equipos do Numancia. Os equipos de fútbol - 11 chegan á metade da competición; os de fútbol - 8 repartiranse entre festas de disfraces e partidos de fútbol.
  Ares, 8 de febreiro de 2018.
MODESTOS: O domingo ás 16:30 visita Prados Vellos a SD Valdoviño. Partido no que o Numancia se enfrontará a outro equipo da zona media, que está igualado a puntos co noso equipo. Os xogadores do primeiro equipo da entidade buscarán facer bo o empate en Neda cunha vitoria ante o equipo valdoviñés.
 
XUVENÍS: Teñen semana de descanso por calendario, na última xornada da primeira volta.
 
CADETES: O sábado ás 10:00 xogan ante o Narón Freixo no campo de herba artificial de Sinde en O Val. Madrugarán os cadetes en busca dunha vitoria ante un rival da zona media, que lles permita finalizar a primeira volta da Liga entre os catro primeiros clasificados.
 
INFANTÍS: O sábado ás 16:30 reciben en Prados Vellos a SRD Ánimas. Partido importante xa que se miden a outro dos equipos situados na zona baixa da clasificación, polo que buscarán a segunda vitoria nesta Liga no que promete ser un partido igualado na tarde do sábado en Prados Vellos.
 
FÚTBOL - 8: Dous partidos en Prados Vellos na tarde do venres. Ás 17:30, o alevin "A" recibe ao SD Val "B. Ás 18:30, os prebenxamíns xogan ante o Cedeira SD. Para o sábado quedan as visitas do alevín "B" a Aneiros para medirse ao Portuarios "B" ás 10:30 e a dos benxamíns a O Poboado para medirse o CD As Pontes ás 12:10.
 
¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡
 
¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.