ANÁLISE DA XORNADA DO 28 DE XANEIRO DE 2018

¡¡¡¡POR FIN REMATOU XANEIRO¡¡

Foi dura a costa de xaneiro para os equipos do Numancia. Os resultados non foron os mellores nun mes marcado por gripes, exames, lesións e demáis contratempos que afectaron a moitos componentes da entidade. Analizamos a última xornada desde mes maldito.
Ares, 1 de febreiro de 2018.

MODESTOS: Visitaba o líder o campo de Prados Vellos, e o Numancia a piques estivo de conseguir puntuar. Os numantinos perderon pola mínima ante o CD Narón. Quizáis o resultado mais xusto sería o empate, pero goles son amores e os naroneses levaronse os tres puntos do noso campo.

XUVENÍS: Moi mermado, prácticamente cos xogadores xustos,o equipo xuvenil caía derrotado na casa ante o G. Caranza "B", nun partido que poido caer para calquera dos dous lados.

CADETES: O equipo cadete conseguiu un valioso punto en Ortigueira, ante un equipo invicto que principiaba o encontro como líder. Un punto que soubo a pouco, xa que os numantinos perdonaron en exceso e ata fallaron un penalti. Un empate que sirve para non descolgarse da loita pola Liga. 

INFANTÍS: Bo partido dos infantís en Pontedeume. A pesares da derrota, os rapaces estiveron no partido ata o tramo final. Debutou no equipo infantil, Zoel Arnoso, un novo xogador para a familia do Numancia. ¡¡¡Benvido¡¡¡ 

SELECCIÓN ALEVÍN: Participou o noso xogador David Vilasánchez na Segunda Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub -12 en Moraña. Os resultados ante Ourense e Pontevedra non foros os mellores, pero David viviu esta temporada coa selección unha experiencia única e inolvidable. ¡¡¡A seguir traballando¡¡¡

FÚTBOL - 8: Non houbo xornada en alevíns. Os benxamíns perdían en Sinde ante O Val. Os prebenxamíns caían en Prados Vellos ante o líder, o G.Caranza "B". Ambos conxuntos participan no grupo 1 das suas respectivas categorías.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.