Inicio Noticias Xerais PREVIA DA XORNADA DO 4 DE FEBREIRO DE 2018
 
 

PREVIA DA XORNADA DO 4 DE FEBREIRO DE 2018

SÁBADO DE MOITO FÚTBOL EN PRADOS VELLOS

Primeira fin de semana de febreiro, din que vén moito frío e o fútbol é unha boa maneira de combatilo, especialmente na cantina. Xuvenís, cadetes, alevín "B e benxamíns xogan en Prados Vellos mentras que o resto de categorías xogarán a domicilio.
Ares, 2 de febreiro de 2018.

MODESTOS: O domingo as 16:30 o Numancia visita o Municipal de Neda. Interesante duelo entre dous equipos separados por tres puntos. En caso de vitoria, este Numancia que foi quen de plantar cara a Narón e Maniños volvería a engancharse a zona alta da clasificación. Agardamos ver a boa cara do Numancia o domingo en Neda.

XUVENÍS: O sábado as 17:40 reciben en Prados Vellos ao Meirás CF, nun partido que invirte a orde de campos debido as obras no Misael Prieto. Equipos separados por un punto, quintos e sextos. Polo tanto, os numantinos buscarán unha vitoria para situarse entre os cinco primeiros da competición do grupo 1 da Liga Xuvenil comarcal.

CADETES: O sábado as 16:00 abren a sesión de tarde en Prados Vellos. Reciben ao igual que os xuvenís ao Meirás CF, nun partido entre dous equipos situados na zona alta da clasificación. Interesante duelo, xa que ningún dos dous quere perder de vista a cabeza da tabla do grupo 2.

INFANTÍS: O venres as 17:00 visitan o Municipal de Caranza para medirse ao G.Caranza "B". Xogan os rapaces ante un conxunto de primeiro ano, polo que a prioiri as cousas poderían estar igualadas, cando menos no aspecto físico.  

FÚTBOL - 8: Abre a xornada o alevín "A" o venres as 18:30 en Sinde ante a SD O Val. O sábado pola mañá teremos dous partidos en Prados Vellos. Derbi do alevín "B" as 10:30 ante o  G. Mugardos. As 11:30 os benxamíns reciben ao SRD Ánimas. Para o martes as 17:30 queda a visita dos prebenxamíns ao CD As Pontes no campo de O Poboado.

¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.