PREVIA DA XORNADA DO 3 DE DECEMBRO DE 2017

A CONFIRMAR AS BOAS SENSACIÓNS

Na primeira fin de semana de competición do mes do Nadal, os equipos do Numancia buscarán confirmar as boas sensacións da última fin de semana. Sete partidos teremos estos días, tres deles en Prados Vellos.
Ares, 30 de novembro de 2017.
 
MODESTOS: O domingo ás 16:30 en Prados Vellos buscarán a segunda vitoria consecutiva ante a UD Cebarca. Rival moi duro que xa deixou constancia da sua forma de xogo na sua visita a Ares na Fase Previa. Os nosos, deberán facer protagonistas do partido ao balón e ao bo fútol para intentar superar ao correoso conxunto de Cerdido.
 
XUVENÍS: O sábado ás 16:30 en Prados Vellos reciben a visita do Racing San Pedro. Buscarán tamén os xuvenís a segunda vitoria consecutiva ante un rival que na Fase Previa vencía en Ares dunha forma moi axustada, pero ante o que se presume un encontro moi igualado.
 
CADETES: O sábado ás 11:00 visitan o Municipal de Neda para medirse ao equipo local. Buscarán os cadetes repetir a vitoria da Fase Previa nese campo para poder situarse na zona alta da Liga.
 
INFANTÍS: O sábado ás 10:00 visitan O Cadaval para medirse a un dos favoritos ao título e a loitar polo ascenso, o CD Narón. Difícil papeleta para os aresáns que a bo seguro o darán todo no campo para ofrecer unha boa imaxe.
 
FÚTBOL - 8: O alevín "A" comeza a Liga recibindo ao Racing de Ferrol "C" o venres as 18:00 en Prados Vellos. Tamén o venres, pero as 17:00 o Numancia "B" visita ao SD O Val "D" en Sinde. O benxamín comezará a Liga a próxima semana. O prebenxamín, adianta o seu partido da primeira xornada de Liga para xogalo o martes as 18:00 ante o CD Narón no Cadaval.
 
¡¡¡Vémonos nos campos¡¡¡
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.