ANÁLISE DA XORNADA DO 26 DE NOVEMBRO DE 2017

BOS RESULTADOS, NA XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na ultima fin de semana de novembro, os nosos equipos apoiaron a loita contra a violencia de xénero e obtiveron, en xeral, bos resultados nos seus partidos.
Ares, 29 de novembro de 2017.
Analizamos:

MODESTOS: Vitoria contundente en Prados Vellos ante o Moeche para sumar os tres primeiros puntos da Liga. Coas boas novas de volver a completar unha convocatoria e tamén da recuperación do olfato goleador de Chapugol. Triunfo cómodo para coller moral nunha tarde fría en Ares.
 
XUVENÍS: Os goles de Cavezza e Raúl nunha primeira parte dominada polo Numancia, deron os tres primeiros puntos da Liga aos xuvenís no Municipal de Neda. Na segunda metade, conservaro con intelixencia e sen sufrimento este bo resultado.
 
CADETES: Comezaron a Liga os cadetes nun partido frénetico e moi disputado en Prados Vellos ante o AD Miño. Tiveron que remontar por duas veces os rapaces un resultado adverso, pero a fe na vitoria e tres goles de Migui Oliveira déronlle os tres primeiros puntos da Liga aos nosos cadetes.
 
INFANTÍS: Bo traballo dos infantís ante un dos equipos fortes da categoría, o CD As Pontes. Derrota pola mínima na primeira metade. No segundo tempo, a xusta e cruel expulsión de Maodo e a superioridade física visitante foron as claves para unha clara victoria dos da vila mineira.
 
FÚTBOL - 8: O alevín "B" comezou a Liga vencendo con claridade ao Racing San Pedro en Prados Vellos. Os benxamíns, certificaron coa sua victoria ante o Ánimas "B" na Gándara a sua clasificación para o grupo 1 da Liga. Alevín "A" e prebenxamíns, descansaron.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.