PREVIA DA XORNADA DO 3 Ó 6 DE NOVEMBRO DE 2017

REMATA A PRIMEIRA FASE EN FÚTBOL - 11

Na primeira fin de semana de novembro, entre Hallowen e Magostos, temos como non podía ser de outra maneira moito fútbol. Incluído un derbi en  Prados Vellos. Analizamos o que nos agarda:

 


MODESTOS: O domingo as 17:00 rematan a Primeira Fase no campo de A Veiga de Cabanas ante o equipo local. Partido de trámite, agardando recuperar efectivos e que servirá para saber o posto definitivo nesta fase, primeiros, segundos ou terceiros, co obxetivo xa cumprido semanas atrás.

XUVENÍS: Igual que os modestos, cumpriron tamén o obxetivo de clasificarse entre os mellores. Disfrutarán este venres as 20:00 dun dos mellores campos da comarca, Río Seco en Narón, onde rematarán a primeira fase enfrónandose ao SDCR O Freixo Narón.

CADETES: O sábado as 16:30 gran derbi de cadetes en Prados Vellos. Numancia e Mugardos miden as suas forzas. Os primeiros, xogarán no grupo dous, os mugardeses, no grupo un. Pero este sábado as matemáticas quedan apartadas, a motivación e a paixón dos derbis entran en escena. ¡¡¡Non o perdas,sube o sábado as 16:30 a animar aos cadetes¡¡¡

INFANTÍS: O venres as 18:00 bonito partido de infantís entre dous equipos que están na zona alta do grupo. Numancia e Val miden as suas forzas na tarde - noite de Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: O venres, os prebenxamíns reciben as 17:00 en Ares ao SCRD Freixo Narón. As 18:00, xogan os benxamíns en Caranza ante o G. Caranza "C" e o alevín "A" na Gándara ante o Racing San Pedro. Para o luns as 18:00 en Prados Vellos queda o interesante partido do alevín "B" ante o CD Cariño.

Vémonos nos campos...

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.