ANÁLISE DA XORNADA DO 29 DE OUTUBRO DE 2017

BOAS NOVAS EN XERAL

Última fin de semana de outubro na que todos os equipos do Numancia tiveron o seu partido. Analizamos de seguido, o sucedido nos distintos encontros.
Ares, 2 de novembro de 2017.
 
MODESTOS: Derrota pola mínima en  Prados Vellos ante o Somozas "B", nun partido no que os puntos non tiñan trascendencia paran ningún dos dous equipos. O mellor, o regreso ao fútbol do gran Chapu despois dun ano no dique seco, nun partido que serviu para certificar que Alex Pita foi o mellor xogador do equipo no mes de outubro.
 
XUVENÍS: Vitoria cómoda en Prados Vellos ante o CD Narón "B" que serviu para certificar a clasificación do equipo para a "Liga dos mellores" na penúltima xornada da primeira fase.
 
CADETES: Gran partido en Sinde ante un dos mellores equipos da categoría, a SD O Val. Os rapaces perdían finalmente o encontro, pero deron unha boa imaxe na maior parte do partido.
 
INFANTÍS: Vitoria clara dos rapaces na sua longa viaxe ata o campo de San Claudio, en Ortigueira.
 
FÚTBOL- 8: Vitoria do alevín "A" ante o líder do grupo, o Cedeira en Prados Vellos. O alevín "B" conseguía un empate en Caranza ante os locais, líderes tamén do seu grupo. Os benxamíns vencía con claridade ao Libunca. Os prebenxamíns, empataban en Prados Vellos ante o líder do grupo, o Galicia de Caranza "B".
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.