PREVIA XORNADA do 20 ó 22 de OUTUBRO.

RECTA FINAL DAS PRIMEIRAS FASES DE COMPETICIÓN

Nesta nova fin de semana de fútbol, os equipos de fútbol - 11 do Numancia afrontan as tres últimas xornadas da Primeira Fase. En fútbol - 8, os equipos van chegando pouco a pouco ao ecuador das competicións. Analizamos o que nos agarda nos tres próximos días de fútbol:

 

Ares a 19 de Outubro de 2017.

ADR. Numancia de  Ares. Aficionados 2017-2018. El Numancia visitará el  Campo Municipal de Mourente en Valdoviño.MODESTOS: O domingo as 17:30 no Municipal de Mourente (herba natural) o equipo de Miguel e Antón enfróntase ao Valdoviño, un equipo que está a loitar por clasificarse no "grupo dos mellores".  Os numantinos, coa clasificación no peto, buscarán facer un partido serio para conseguir unha vitoria que lle permita seguir na loita polo liderato do grupo co Cultural Maniños.

XUVENÍS: O sábado as 16:00 en Aneiros (Serantes) o equipo de Chemari e Cartelle rinde visita a un dos equipos fortes da categoría, o Portuarios. Os numantinos, loitan por clasificarse para o "grupo dos mellores". Este sábado buscarán sacar algo positivo en Ferrol, para non ter que xogarse todo nas últimas dúas xornadas.

CADETES: O sábado as 18:15 en Prados Vellos o equipo de Juan Alberto e Jorge recibe ao Cultural Maniños. Partido no que os rapaces buscarán seguir collendo confianza e acoplando as novas incorporacións ao equipo, de cara a futura competición de Liga.

INFANTÍS: O sábado as 16:15, antes dos cadetes, o equipo de Paulo e Toni recibe tamén ao Cultural Maniños. Os rapaces buscarán neste partido en Prados Vellos, confirmar as boas sensación do equipo nas últimas semanas.

FÚTBOL- 8: Descanso para o alevín "A" de Martín. O alevín "B" de Dani recibe ao Cebarca o venres as 19:15 en Prados Vellos. O benxamín de De Navas, visita o venres o campo de Atios en Valdoviño para xogar ante o Amistade Meirás as 18:30. O prebenxamín de Jorge, visita as instalacións de A Malata para xogar ante o Racing de Ferol "B" tamén o venres as 18:15.

Vémonos nos campos...

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.