PREVIA XORNADA 1 OUTUBRO 2017

PASEN POR PRADOS VELLOS, ANTES DE IR A BARALLOBRE.

Moito fútbol neste último fin de semana de setembro. Todos os equipos, agás cadetes (descansan) e prebenxamíns (comezan a semana próxima) teñen competición este fin de semana.
Ares, 28 de setembro de 2017.
MODESTOS: Bonito partido o que disputarán o Barallobre e o Numancia o domingo as 17:00 no mítico campo de herba natural na ribeira de O Ramo. Un clásico entre veciños que chega cos dous equipos no alto da clasificación, xa que os dous contan os seus catros partidos por victorias. Agárdase unha boa presencia da Marea Vermella en terras fenesas este domingo.

XUVENÍS: O sábado as 16:30 en Prados Vellos buscarán consolidarse na zona alta da clasificación. Para iso deberán vencer a un Amistade Meirás que a bo seguro venderá moi cara a súa pel en terras aresás.

INFANTÍS: Xogan despois do xuvenís o sábado. Ás 18:30, gran derbi de infantís entre o Numancia e o  Galicia de Mugardos. Un partido que sempre é unha festa entre veciños, con rivalidade sana no campo e nas bancadas. Non quedes na casa e ben a disfrutar da sesión contínua de bo fútbol o sábado en Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: O venres temos dous partidos de Liga en Prados Vellos. As 18:00 o alevín "A" recibe o AD Miño. As 19:00 o benxamín comeza a Liga ante o Galicia de Caranza. Festa do fútol - 8 o venres en Prados Vellos. Por outra parte, o alevín "B" desprazarase o sábado ata Ortigueira para medirse as 12:00 no campo de San Claudio ante o equipo local.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.