ANÁLISE DA XORNADA DO 24/9/2017

UN POUCO DE TODO

Seguen as boas noticias en modestos. Na base, os equipos contínuan collendo forma neste inicio de temporada que non está sendo nada fácil. En fútbol - 8, os alevíns seguen con paso firme, mentres benxamíns e prebenxamíns agardan o inicio das suas ligas.

 

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Numancia, 1 - Meirás, 0

MODESTOS: Partido moi disputado, bronco e con moita emoción o xogado por Numancia e Meirás o domingo en Prados Vellos. Dous equipos da zona alta que non defraudaron aos moitos espectadores presentes en Prados Vellos. Por sorte, os tres puntos quedaron en Ares. Catro vitorias en catro partidos, paso de xigante para a clasificación ao primeiro grupo e a seguir.... Barallobre agarda o próximo domingo.

 

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. G. Caranza, 4 - Numancia, 1XUVENÍS: Xogaron de ti a ti a un dos mellores equipos da categoría, o G. Caranza "B" a domicilio. Viñeron para Ares cunha abultada derrota que non reflicte o sucedido realmente no campo. Partido para aprender e seguir mellorando para uns xuvenís que siguen na zona media - alta do grupo.

CADETES: Moito mérito o deste combinado de xogadores cadetes e infantís do Numancia. O sábado ante un Eume Deportivo moi superior, sobretodo no aspecto físico, deron a cara ata ó final a pesares de recibir unha derrota ante un dos cantidatos a loitar polo ascenso a  Liga Galega.

INFANTÍS: Tiveron xornada de descanso por calendario e xa preparan o derbi do sábado ante o Galicia de Mugardos en Prados Vellos.

ADR Numancia de Ares. Alevines 2017-2018. Perlío, 1 - Numancia, 8FÚTBOL - 8: Os dous equipos alevíns xogaron ante os conxuntos do Perlío. Vitorias claras do Numancia "A" nos Pinares e do Numancia "B" en Prados Vellos. Os benxamíns comezarán a Liga este venres, os prebenxamíns a primeira fin de semana de outubro.

 

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.