PREVIA XORNADA 24 SETEMBRO 2017

GRAN PARTIDO ESTE DOMINGO EN PRADOS VELLOS

Nova xornada de competición a que afrontarán os diferentes equipos do Numancia este fin de semana. Partidos duros para modestos, xuvenís e cadetes. Os infantís descansan e os alevíns serán os únicos equipos de F8 que teñan competición.

MODESTOS: Numancia -  Meirás. Un clásico da Segunda Rexional de sempre. A iso podemos engadirlle que os dous equipos levan tres victorias en tres partidos. Dous equipos con moita xuventude nas suas filas, que disputarán un duelo de titanes na Primeira Fase da Segunda Autonómica o próximo domingo as 17:30 en Prados Vellos. Un partido ao que un bo numantino, non debe faltar.

XUVENÍS: Non será menos compricado o partido dos xuvenís. Visitan a un dos favoritos para meterse nas semifinais de Copa e loitar pola Liga. Os numantinos, levan catro puntos e queren demostrarse a sí mismos que poden competir con calqueira. O domingo as 11:30 no Municipal de Caranza necesitarán o apoio da afición numantina neste compricado reto.

CADETES: O equipo cadete do Numancia, recibirá a visita dun dos favoritos ao título, como e o Eume Deportivo. Estos rapaces cadetes e tamén moitos infantís, necesitan o cariño de toda a familia numantina neste inicio de temporada compricado para eles. O sábado as 17:00 en Prados Vellos tedes a oportunidade de apoialos no seu duelo ante o Eume.

INFANTÍS: Na segunda xornada da Primeira Fase, correspóndelles unha xornada de descanso.

FÚTBOL - 8: O alevín "B" recibe ao Perlío "B" o venres as 18:30. O alevín "A" xoga nos Pinares ante o Perlio "A". Benxamíns e prebenxamíns agardan polo seu comezo de Liga, que terán lugar o 30 de setembro e o 7 de outubro, respectivamente.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.