F-8: NOVIDADES NO REGULAMENTO

SUSPENSIÓN DE PARTIDOS

Ante escenas de violencia verbal poderanse suspender os partidos.

Ares, 25 de agosto de 2017,

Nunha reunión celebrada onte no local federativo de Ferrol, o delegado arbitral en Ferrol, Juan Manuel Vidal comunicou as novidades máis significativas neste principio de temporada a aplicar no F-8, todas encamiñadas á mellora das competicións dos máis pequenos onde o resultado debera ser o menos importante. Fomentar a educación e as boas prácticas deportivas sempre é loable e meritorio. Esperamos e desexamos que todas estas medidas teñan éxito e contribúan na creación dun ambiente agradable na disputa dos partidos.

 

Destacariamos as seguintes medidas:

  • Non se publicarán os nomes dos autores dos goles.
  • Na categoría prebenxamín o saque de meta poderá ser executado coa man ou de volea.
  • Ante a reiteración por parte do público nos insultos ou comentarios ofensivos, o árbitro poderá deter e mesmo suspender definitivamente o partido.
  • Os árbitros menores de idade levarán unha identificación.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.