PRESENTACIÓNS EN F-11

PRADOS VELLOS ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS O 3 DE AGOSTO

Comezou a planificación da vindeira temporada marcando as datas de presentación dos equipos de F- 11 do Numancia.

Ares, 12 de xullo de 2017.

En reunión celebrada onte cos adestradores, acordáronse as datas de presentación e inicio dos adestramentos da temporada 2017-18 nas categorías de F-11:

Afeccionados: xoves, 3 de agosto ás 20.30 h.

Xuvenís: luns, 7 de agosto ás 20.00 h.

Cadetes: mércores, 16 de agosto ás 18.30 h.

Infantís: luns, 14 de agosto ás 18.30 h.

Miguel Carballeira e José Antón iniciarán unha nova etapa nos afeccionados aresáns. Nestas primeiras semanas haberá tres sesións de adestramento e un partido de fin de semana. Os amigables previstos son estes:

13 de agosto, domingo: Trofeo Festas de San Roque: Numancia – Galicia de Mugardos.

20 de agosto, domingo: Trofeo Concello de Ares: Numancia – Eume.

26 de agosto, sábado: Triangular O Requeixo: A Capela – Numancia – Miño.

Na categoría xuvenil, será Chemari (José María Varela) quen dirixa a un equipo renovado con respecto a temporadas anteriores. As dúas promocións que lideraron este equipo e agora están en afeccionados, deixan paso a outras dúas xeracións de rapaces que teñen que asumir os galóns.

Juan Alberto terá un reto grande: completar cada fin de semana unha convocatoria será un triunfo pois son poucos efectivos os que, de momento, forman o plantel de cadetes.

E, por último, Toni e Paulo seguirán traballando cos infantís, axudándoos na transición de F-8 a F-11.

Como podemos comprobar, aínda vén de rematar unha temporada e xa entramos na 2017/18. O fútbol continúa.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.