CEA DE MULLERES NUMANTINAS

ESTE SÁBADO, 22 DE OUTUBRO, NA CANTINA DO CLUB

Continuando coa tradición de temporadas anteriores, as mulleres numantinas retoman as xuntanzas de convivencia.

 

Ares, 17 de outubro de 2016.

Coma unha peña non oficial do Numancia, este grupo de mulleres seguidoras fieis acostuman celebrar varias ceas ao longo da temporada na que xermolan ideas de colaboración co club e mesmo poden aportar algunha doazón económica.
Sen dúbida algunha a sociedade pode celebrar con satisfacción este tipo de actos que reforzan o aspecto social e contribúen a ampliar os apoios sempre necesarios.

Por suposto, trátase dun acto aberto á participación de calquera muller que sinta as cores numantina. Non hai que ser socia nin ter vinculación directa co club. Así pois, aquelas mulleres que desexen participar na cea deste sábado, poden chamar ao tlf. do club 619990258, antes das 24.00 h. do mércores 19 de outubro.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.