Rúa Pedro García Vilar
Según publica na súa web o concello xa temos rúa en memoria do noso querido Pedro.
A rúa de Pedro e o camiño que todos os numantinos temos que seguir.
"O Concello inaugura este domingo a rúa que levará o nome de Pedro García Vilar"
11/09/ 2009
"O Concello de Ares inaugurará este domingo, día 13 de setembro, coincidindo co primeiro partido na casa da categoría de Afeccionados que enfrontará ao Numancia co Narahío, a rúa que levará o nome de Pedro García Vilar, o que fora un dos principais dirixentes deste clube de fútbol e un dos máis importantes impulsores do deporte aresán. Como se lembrará, Pedro García finou hai uns meses.
Se hai un tempo o Numancia organizoulle unha homenaxe, na que tamén participou o Concello de Ares, agora é esta Administración local, coa colaboración do clube, a que lle quere rendir a súa particular homenaxe e por iso, coincidindo co remate das obras desta rúa que precisamente está xunto o campo de fútbol, decidíu adicala a Pedro García.
O acto, no que participará o equipo de goberno, co seu alcalde, Julio Iglesias, á cabeza, e ao que están convidada toda a corporación, así como os integrantes do Clube Numancia e, por suposto, a familia de Pedro García, terá lugar ás 18.45, hora á que está previsto que remate o partido. O lugar de encontro será o campo de fútbol."
Fonte da noticia: Web do concello de ares.