CAMPO DE FÚTBOL: REPARACIÓN DO MURO
Hoxe, xoves 15 de setembro, remata o prazo de presentación de proposicións.
Ares, 15 de setembro de 2016.
No BOP do 5 de setembro publicouse o anuncio de licitación da obra do muro de contención de terras do campo de fútbol municipal de Prados Vellos, financiada a través do convenio do concello de Ares coa Deputación da Coruña por valor de 52.556 €.
O prazo de presentación das proposicións era de dez días naturais, prazo que se cumpre no día de hoxe.
A ADR Numancia agarda que esta obra se execute con celeridade e poña fin a unha situación que se foi prolongando en exceso. Ademais tamén desexa que vaia acompañada doutras melloras nas instalacións solicitadas no seu momento.