VIII MEMORIAL PEDRO GARCÍA VILAR. PRESENTACIÓN

EN PRADOS VELLOS ESTE VINDEIRO VENRES, 9 E SÁBADO, 10.

Esta mañá foi presentada unha nova edición do Memorial “Pedro García”. Estiveron presentes os prebenxamíns do Numancia, Carlos e Lucas, acompañados polo seu monitor, Marcelo e o concelleiro de deportes aresán, Geno Fernández.

 

Ares, 7 de setembro de 2016

Venres, 9 en xornada de tarde e sábado, 10 en dobre xornada de mañá e tarde, son as datas nas que o F-8 da comarca ferrolá terá unha nutrida representación en Prados Vellos. Un total de 14 equipos, dos cales 12 pertencen á delegación ferrolá, e 2 son de Coruña, disputarán os primeiros partidos da temporada 2016/17, de modo que servirá para ir vendo as evolucións destes equipos.

 

ADR Numancia de Ares. VIII Memorial Pedro García Vilar. Fútbol 8. Prados Vellos. Presentación en el Ayuntamiento de Ares.  ADR Numancia de Ares. VIII Memorial Pedro García Vilar. Fútbol 8. Prados Vellos. Presentación en el Ayuntamiento de Ares.

O torneo está organizado polo Numancia en colaboración co concello de Ares.

Ademais, cóntase coas aportacións dos seguintes establecementos:

Supermercado Claudio

Supermercado Gadis

Base Deporte

Ferretería Sar

Todos eles son importantes e necesarios para o desenvolvemento deste torneo no que o único obxectivo é que os rapaces se divirtan.

Pódese consultar toda a información do torneo no seguinte enlace.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.