OBRAS EN PRADOS VELLOS
BANCADA EN PRADOS VELLOS
O luns 7 de setembro comezaron no campo de fútbol de Prados Vellos as esperadas obras de colocación dunha bancada detrás da portería. Esta actuación hai que situala na liña de mellora continua das nosas instalacións, iniciada coa colocación do céspede artificial e a instalación das torretas de iluminación.
Debemos destacar a implicación do concello de Ares nesta remodelación de Prados Vellos, de maneira que os xogadores do Numancia van ser os directamente beneficiados e poderán desenvolver as súas actividades contando cunhas instalacións dignas. Queremos citar tamén que se realizaron obras de adecuación nos vestiarios dos equipos e que agardamos a que se resolvan definitivamente os problemas de conexión da enerxía eléctrica, último obstáculo para poder dispoñer da iluminación necesaria para afrontar esta temporada.