CAMPUS CELTA EN ARES 2016. 5º DÍA.

PECHE DO CAMPUS E ENTREGA DE DIPLOMAS

Semella que foi onte cando comezou, pero hoxe xa lle tocou aos nenos despedirse dos seus monitores. Este último día foi se cabe inclusive máis...

 

 

... caloroso que o xoves, pero as actividades non se viron afectadas en ningún momento, aínda que aos nenos custoulles sobrelevar esta calor á par que realizaban os exercicios. Hoxe recuperamos os monitores iniciais, xa que Álex volveu da Madroa, polo tanto Charlie causou baixa na xornada de hoxe, e Marcelo continuou axudando aos instrutores, en especial, aos que estiveron traballando cos máis pequenos do Campus.

ADR Numancia de Ares. Campus Celta 2016. Clausura.

Entre moitas postas, cabe destacar certas premisas que prevaleceron durante o desenvolvemento desta festa do fútbol:

Nesta orde:

1. Toque de balón.

2. Físico e velocidade.

3. Coordinación.

4. Tiros á portería.

 

ADR Numancia de Ares. Campus Celta 2016. Clausura.

Ata a hora da comida, podemos catalogar esta xornada coma "light" respecto a outras máis duras durante o campus, aínda que se mantiveron certos exercicios do resto da semana.

Para comer, trouxeron unhas pizzas para os arredor de 50 nenos, que desfrutaron á sombra, na cantina debido ao calor abrasador que tivemos durante todo o día.

ADR Numancia de Ares. Campus Celta 2016. Clausura.

Despois da comida, os monitores deixaron liberdade aos nenos un anaco. Neste tempo falamos con diversos xogadores, por exemplo, David, que nos dixo que "Desfrutara moito deste Campus e non tiña gañas de que rematase xa"; inclusive tamén falamos con Nacho, infantil do Numancia, que salientou o labor dos monitores e dixo que o pasara moi ben neste campus.

Tamén tomamos as reaccións dalgúns pais respecto deste campus:

ADR Numancia de Ares. Campus Celta 2016. Clausura.

* Creo que o Campus está moi ben organizado, opino que os monitores fixeron un gran traballo.

* Xenial, o meu fillo está encantado, aprendeu moitas cousas, ademais, os monitores teñen unha boa formación e tacto cos nenos.

ADR Numancia de Ares. Campus Celta 2016. Clausura.

* Estivo moi ben organizado, menos xente que outros anos, pero organización impecable, esperamos repetir.

* Estas xornadas de convivencia foron moi positivas no desenvolvemento total do Campus.

ADR Numancia de Ares. Campus Celta 2016. Clausura.

Para rematar, produciuse unha entrega de diplomas, estando presentes os monitores; Javier Sánchez, técnico de deportes; e Geno, concelleiro de Cultura e Deporte de Ares, entre outros.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.