PREVIA: FIN DE SEMANA DO 6 AO 8 DE MAIO DE 2016

TRES PUNTOS PARA UN TÍTULO

Obrigada cita para todos os numantinos este domingo en Pontedeume en apoio dos nosos xuvenís que poden conseguir un oco no cadro de honra do Numancia. 
 
Ares, 5 de maio de 2016.
 
A continuación comentamos, categoría a categoría, os partidos que nos agardan para esta fin de semana, destacando o crucial e decisivo partido dos xuvenís.
MODESTOS: Última xornada de Liga na que reciben ao Perlío. Os dous equipos chegan a este partido sen ningunha transcendencia e, por tanto, co único aliciente de ir preparando a primeira eliminatoria de Copa. O Numancia de Marcos Amor vén de empatar na casa do Narón amosando unha clara melloría no seu xogo.
 
XUVENÍS: Como comentabamos, os xogadores dirixidos por Miguel Carballeira e José M. Antón non deben deixar escapar unha oportunidade histórica e pór punto final a unha brillante temporada na competición da Liga, conseguindo unha vitoria que lles daría o título de campións. Chegan a este partido despois de unha cómoda e ampla goleada ante o Cedeira e coas únicas baixas de Cristian e Fran. Esperamos que os afeccionados numantinos acudan ao campo eumés a darlles todo o apoio e ánimos necesarios para volver a Ares co premio merecido. O partido comezará este domingo ás 12.00 h. no campo da Gándara de Pontedeume.
 
CADETES: Última xornada dunha liga con moitos altibaixos e unha posición cómoda na metade da táboa. O equipo rival chega a Ares clasificado na terceira posición o que demostra un certo potencial que poñerá en dificultades aos numantinos. Será un boa ocasión para que Álex González poida preparar a semifinal de Copa da vindeira fin de semana.
 
INFANTÍS: Coa liga finalizada, descansarán esta xornada á espera de encontros amigables durante este mes de maio.
 
ALEVÍNS: Reciben ao segundo clasificado do grupo, un As Pontes B que loitará por manter esa posición. Nesta xornada César Viñas pode completar a convocatoria con 14 xogadores e seguro que irán pola vitoria.
 
BENXAMÍNS: Visitarán á EF R. Ferrol C, terceiro clasificado. Nesta magnífica campaña os nenos de Borja e Pepe, atoparán na Malata un duro rival que lles brindará outra oportunidade para seguir demostrando a súa bravura. Con este partido pechan a liga situados nunha posición intermedia de moito mérito, entre os mellores equipos de Ferrolterra.
 
PREBENXAMÍNS: Consolidados na terceira posición, irán desfrutar a un campo de herba natural onde os espera un bo rival. Marcelo e Quique van seguir comprobando a progresión destes cativos.
 
BIBERÓNS: Se o tempo o permite, Prados Vellos acollerá este venres outro choque de rivalidade entre o Numancia e o G. Mugardos. Esperamos que todos vaian pasar unha boa tarde, tanto os nenos como os seus parentes e axudern a Dani Cartelle e José Rey no seu labor educativo.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.