PRESENTACIÓN DO CAMPUS CELTA 2016

CELEBRARASE ENTRE O 11 E O 15 DE XULLO.

O concello de Ares presentou esta mañá a sétima edición do Campus de verán de fútbol do Celta de Vigo. A iniciativa desenvolverase durante cinco días no mes de xullo, en horario matinal, e está pensada para nenos e nenas entre os 4 e os 16 anos de idade

Ares, 5 de abril de 2016.

Un ano máis o Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, presentou o Campus de Fútbol de Verán que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo o próximo mes de xullo no campo municipal de Prados Vellos

Os nenos e nenas de 4 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa nas edicións anteriores contou cun importante éxito de participación e que nesta ocasión desenvolverase entre os días 11 e 15 de xullo, en horario matinal. Tal e como se informou durante a presentación celebrada hoxe, nesta edición, a sétima, no caso de superarse os sesenta inscritos, os participantes contarán tamén co campo mugardés da Pedreira para poder desenvolver esta actividade, grazas á colaboración do Concello de Mugardos e do Galicia de Mugardos con esta iniciativa.

Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento da Fundación Celta de Vigo e poderá disfrutar durante cinco días nos que mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade. Na presentación, os organizadores explicaron a metodoloxía de adestramento, de forma que en cada xornada as/os nenos dividiranse en grupos e os monitores, procedentes do club olívico e con ampla experiencia na formación deportiva, realizando diversos xogos nos que combinar a aprendizaxe dos aspectos técnicos sen perder de vista o carácter lúdico. 

O prezo é de 130 euros para o público en xeral, establecéndose descontos para diversas categorías, que poderán consultarse na dirección www.fundacioncelta.com, onde tamén formalizar a inscripción. No caso dos empadroados/as en Ares ou en Mugardos, xogadores das categorías inferiores do Numancia ou do Galicia de Mugardos, e aboados do Celta de Vigo e/ou a Fundación o prezo é de 115 euros. No caso das inscripción efectuadas antes do 1 de xuño recibirán a maiores una camiseta de adestramento.

A presentación celebrada esta mañá no consistorio aresán, na que estiveron presentes os Alcaldse de Ares, Julio I. Iglesias, e Mugardos, Juan D. Deus, así como os edís de Deportes de ambos consistorios, o Presidente da Fundación do Celta de Vigo, Germán Arteta, así como os Presidentes do Numancia ADR, Galicia de Mugardos, e o Delegado da Federación Galega de Fútbol en Ferrol Manuel Mesa, colaboradores todos eles nesta edición do Campus, serviu para dar conta de todos estes detalles, ademais do obxectivo principal da iniciativa que, tal e como sinalaron os seus responsables, pretende achegar os valores do deporte á sociedade, tales como a superación, o traballo en equipo, o compañeirismo ou a creatividade.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.