FUTBOLISTA DE LENDA: JOHAN CRUYFF

“O FÚTBOL É ESPECTÁCULO, SE NON, NON É FÚTBOL”.

Coma unha humilde homenaxe ao gran Johan Cruyff, falecido onte aos 68 anos na súa casa de Barcelona, queremos publicar o decálogo que nos deixou coma resumo da súa visión tan singular do fútbol. Estes dez puntos aparecen ao final do seu libro “Gústame o fútbol” e reúnen …

Ares, 25 de marzo de 2016

… uns principios moi interesantes para todos os que participamos nesta relixión do fútbol. Coma teñen dito moitos, estes dez “mandamentos” deberían estar presentes en todos os vestiarios.

1.     Desfrutar do fútbol para o público e tamén para os xogadores. O fútbol é espectáculo, se non, non é fútbol.

2.     A técnica e o seu perfeccionamento deberán convertirse na preocupación do xogador.

3.     Sempre debemos estar dispostos a aprender cousas novas doutros.

4.     A ilusión é básica en xeral pero sobre todo no fútbol.

5.     O respecto polos compañeiros, polo público, polo árbitro, etc., é básico no deporte e na vida.

6.     Debemos ser bos compañeiros e aceptar que os demais cometerán erros e que teremos que axudalos do mesmo modo que eles tamén o farán cando os cometamos nós.

7.     No fútbol e na vida resulta indispensable saber traballar en equipo, comprender que un xogador só non pode gañar un partido.

8.     A entrega a cen por cen é absolutamente necesaria no fútbol.

9.     O futbolista ten unha grande responsabilidade social. É un modelo para moita xente e representa unas cores e unha afección.

10.   O fútbol é unha boa escola para a formación persoal e axuda a madurar coma persoa.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.