PRESENTACIÓNS FÚTBOL-7

SDR NUMANCIA. PRESENTACIÓNS FÚTBOL-7.2009-10COMEZO DA TEMPORADA PARA O FÚTBOL-7 

                Onte, na tarde do martes 1 de setembro, comezou a temporada para os máis pequenos en Prados Vellos.

               Ás 16.30 entraron nos campos os nenos das categorías de benxamíns e prebenxamíns onde coñeceron aos seus educadores e responsables para estes vindeiros meses. Tamén estivo presente o vicepresidente do Numancia, Manolo Fernández, quen en nome da entidade lles deu a benvida ao club e lles clarificou os obxectivos principais: ser felices e disfrutar do fútbol e da amizade, sen esquecer a necesidade de observar unha conduta baseada no respecto e no compañeirismo. Ao remate da súa intervención e como mostra do orgulloso de pertencer á familia numantina todos clamaron un forte e potente “Aupa Numancia”. 

                Na categoría prebenxamín esta temporada terá como responsable directo a Pedro Sánchez en colaboración con Alberto Hermida. Os dous continúan unha temporada máis. Comentar que César Viñas, por motivos laborais, non pode colaborar con nós esta temporada. Os adestramentos serán os martes e os xoves de 16.30 a 17.30 h.

                En benxamíns, o responsable e educador continuará sendo Eloy Martínez que contará coa axuda de Rubén Allegue. Os adestramentos serán os martes e os xoves de 16.30 a 17.30 h.

                Os alevíns, despois do magnífico traballo desenvolvido por Colé e Borja  a temporada anterior e que, por distintos motivos non continúan, terán a Antonio González como responsable e educador. Ao seu lado estará tamén Jorge para colaborar na súa formación. Os adestramentos serán os martes e os xoves de 17.30 a 19.00 h.

                Neste organigrama de fútbol-7 contaremos tamén coa colaboración de Andrés Riveiro quen se ocupará dos adestramentos dos porteiros.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.