F-8 PESENTACIÓNS

TEMPO PARA OS PREBENXAMÍNS, BENXAMÍNS E ALEVÍNS DO NUMANCIA

Rematan as vacacións e ábrese Prados Vellos para os máis pequenos, de xeito que o luns, 31 de agosto, comezan as presentacións dos equipos de F-8 do Numancia, de acordo cos seguintes horarios:
 
Ares, 25 de agosto de 2015.
 
Vaise agosto e chegan as actividades académicas e deportivas para os rapaces. Unha nova temporada na que os nenos e nenas de Ares poderán practicar o fútbol nas instalacións de Prados Vellos, pertencendo á escola de fútbol municipal xestionada polo Numancia. Unha temporada que comeza coas incorporacións de Marcelo, Quique e César e a continuidade de Borja e Ángel no labor de monitores e unhas ilusións renovadas por parte de todos.
 
O calendario de presentacións establecido é o seguinte:
 
ALEVÍNS (nados no 2005): luns, 31 de agosto, ás 17.00 h.. Durante a temporada os horarios de adestramento serán os luns e mércores, de 17.00 a 18.30 h.
Lembramos que os alevíns nados no 2004 xa comezaron esta semana a súa preparación, xunto cos infantís, cos seguintes horarios: luns, martes e xoves, de 19.00 a 20.30 h. 
 
BENXAMÍNS (nados no 2006 – 2007): luns, 31 de agosto, ás 17.00 h. Durante a temporada os horarios de adestramento serán os luns e mércores, de 17.00 a 18.30 h.
 
PREBENXAMÍNS (nados no 2008 – 2009): martes, 1 de setembro, ás 17.00 h. Durante a temporada os horarios de adestramento serán os martes e xoves, de 17.00 a 18.30 h.
 
Todos os nenos deben presentarse en Prados Vellos co material deportivo necesario para realizar a primeira sesión de adestramento.
Proximamente iremos informando das reunións que se organizarán coas familias onde se transmitirán as novidades, normas e comunicados referentes á temporada 2015-16.
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.