IV PREMIOS ESTUDO E DEPORTE
RELACION DE PREMIADOS
Os premios ESTUDO E DEPORTE é unha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración coas entidades deportivas de Mugardos e Ares, a ANPA e mais os Concellos de Mugardos e Ares como recoñecemento ao alumnado do centro que mellor se desenvolve nos ámbitos deportivo, escolar e social, poñendo deste xeito en valor a capacidade de organizarse e de programar o tempo con eficacia para render positivamente nos estudios e na actividade física.
Ares 12 de xuño do 2015.
Este pasado martes 9 de xuño reuneuse o Xurado Cualificador para fallar o outorgamento dos premios. Despois de analizar as puntuacións recibidas das entidades deportivas e do IES de Mugardos, outorgaron o IV PREMIO ESTUDO E DEPORTE aos alumnos e alumnas do centro, entre os cales se encontran os seguintes xogadores do Numancia de Ares:
Premio Estudo e Deporte Curso 2014-2015:
- Carlos Vázquez Labrada.
Tamén lles foi outorgada una mención aos seguintes:
- Martín Pérez Sarmiento.
- Marcelo Couce Barbeito.
- José Miguel García Bouza.
- Miguel Rodríguez Castro.
- Martín Saavedra Mahía.
O próximo venres, 19 de xuño, terá lugar no IES de Mugardos a Gala de entrega dos IV Premios Estudo e Deporte cos seguintes actos:
12:00 –12:30 horas: Recepción de autoridades
12:30 -13:30 horas: Acto de entrega.
Dende a ADR Numancia de Ares felicitamos a todos os premiados.
Cadro de honra dos premiados.