PREVIA. FIN DE SEMANA DO 5 AO 7 DE XUÑO DE 2015.

A FINAL PASA POR PRADOS VELLOS


Últimos coletazos da temporada. Este fin de semana de Corpus en Ares temos unha cita trascendental o domingo coa volta da semifinal de Copa e algún que outro evento no fútbol base. Analizamos o que nos agarda nos próximos días:


MODESTOS: Despois do 1 - 1 da ida en O Cadaval reciben o domingo ao Narón no histórico partido de volta da semifinal da Copa Delegación de Ferrol. Os nosos xogadores buscarán aproveitar esa mínina vantaxe que lles otorga o gol anotado a domicilio para facer un bo partido e meterse na gran final da próxima fin de semana en A Gándara. Este domingo as 19:00 a Marea Vermella e todo ARES ten unha cita co Numancia. ¡¡¡Non podes faltar¡¡¡ Coa ilusión por e con bandeira. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


XUVENÍS: Fin de temporada


CADETES: Fin de temporada


INFANTÍS: Este fin de semana Ares acollerá a final da Copa AFACO infantil que xogarán o CD As Pontes e o CD Cariño o sábado as 17:30 en Prados Vellos.


FÚTBOL - 8: Os prebenxamíns serán os únicos que xoguen este fin de semana. Participan o sábado no Torneo de Pontedeume onde se medirán ao Ural, Portazgo e Calasanz "B" as 10:00, 12:00 e 14:00 no campo de A Gándara de Pontedeume.


En resumo, gran fin de semana en Ares con alfombras florais e fútbol de infantís e de modestos en Prados Vellos. Gran cita o domingo xa que pode ser un día para a historia, xa que o noso Numancia pode clasificarse despois de moitos anos para a gran final da Copa Delegación de Ferrol. Que mellor fin de xornada que rematar o Corpus en Prados Vellos. Bandeiras, bocinas, bombos e todos a animar.


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Numancia de Ares. CARA A UNHA FINAL.

 

Numancia de Ares. EU SON NUMAN

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.