PREVIA. FIN DE SEMANA DO 29 DE MAIO AO 3 DE XUÑO DE 2015.

EN BUSCA DUNHA FINAL... ¡¡¡TOD@S AO CADAVAL¡¡¡

Último fin de semana do mes de maio con bastante actividade para os equipos do Numancia. Semifinal histórica para os modestos, bonita para os infantís e moito traballo para os nenos do club. Analizamos o que nos agarda esta fin de semana:



MODESTOS: Chega o momento da verdade. ¿Quén nos ia dicir a comezo de temporada que o noso Numancia xogaría a semifinal de Copa? Pois sí. Este grupo unido que forma un gran equipo chegou ata aquí e agora soña con alcanzar a gran final copeira. O rival da semifinal a doble volta sera o histórico Narón Balompé, equipo que xogou este ano na Primeira Autonómica. Queremos seguir sendo os mataxigantes. Este domingo as 17:00 a MAREA VERMELLA está convocada na parroquia de Piñeiros en Narón para axudar ao Numancia a traer un bo resultado para o partido de volta en Ares. NARÓN - NUMANCIA este domingo as 17:00 en Piñeiros no partido de ida das semifinais da Copa Delegación de Ferrol. En busca dunha final.... ¡¡¡¡Todos a O Cadaval¡¡¡

XUVENÍS: Fin de temporada.

CADETES: Fin de temporada.

INFANTÍS: O equipo infantil tamén disfrutará da sua particular semifinal copeira. Neste caso será na Copa AFACO onde os rapaces xogarán a dobre volta co CD Cariño. Este sábado as 18:30 xogarán o partido de ida en Prados Vellos onde agardan estar arroupados por moitos afecionados do Numancia que deberán acudir a Prados Vellos para ensaiar os cánticos do domingo en Narón. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

O mércores 3 de xuño buscarán certificar o pase a gran final a partir das 18:00 no Municipal de Cariño que acollerá o partido de volta das semifinais. ¡¡¡A disfrutar do fútbol¡¡¡

FÚTBOL - 8: Os alevíns disputarán o I Torneo da SCRD Ánimas de Ferrol nas instalacións de A Gándara. Están encadrados no grupo "A" e xogarán o sábado as 10:00, 12:00 e 13:00 ante Galicia de Caranza, Eume e Cedeira.

Os benxamíns participan nun cuadrangular amistoso na mañá do sábado en Rio Seco organizado polo SDC O Freixo. Xogarán as 11:15, 12:15 e 13:15 ante Narón Freixo “A”, Narón Freixo "C" e Portuarios.

O equipo prebenxamín descansa. Os biberóns participarán na festa de clausura da exitosa Liga AFACO biberón de fútbol - 8. Será no campo municipal de Gallamode de Miño onde este venres xogarán as 19:00 ante Galicia de Mugardos para posteriormente as 20:00 participar na entrega das merecidas medallas e agasallos.

PEÑAS: O sábado pola mañá Prados Vellos acollerá o V Triangular de Peñas Aresanas. As 11:30 xogarán Peña Madridista - Peña Barcelonista, todo un clásico. As 12:30 o perdedor do primeiro partido xogara coa Peña Deportivista. Para finalizar as 13:30 xogará o gañador do primeiro partido ante a Peña Deportivista. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

En resumo, última fin de semana do mes de maio que ven cargada de partidos e de eventos para a familia do Numancia. Claro está que a semifinal deste domingo en Narón concentra as miradas e as ilusións de tod@s.

Vémonos este fin de semana en Narón, Prados Vellos, A Gándara, Rio Seco ou en Miño.

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

"No hay distancia que no se pueda recorrer ni meta que no se pueda alcanzar" (Napoleón Bonaparte)

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Numancia de Ares. Obxetivo O CADAVAL.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.