XORNADA DE CLAUSURA DO FUTBOL – 8.

FESTA DOS NENOS NUN LUGAR DE LUXO

Día primaveral o de este sábado 23 de maio en Ares. Biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns do Numancia gozaron da tradicional festa de fin de temporada do fútbol - 8, acompañados dos adestradores, xunta directiva e familiares.

 


Ares. 23 de maio do 2015.

Pouco a pouco foron chegando todos as magníficas instalacións do Mosteiro de Santa Catalina en Montefaro. Xogos dos nenos previos ao xantar e bebida e tertulia para os adultos. Chegaba a hora de degustar as pizzas, tortillas, empanadas e do gran churrasco preparado polo inconmensurable e imprescindible equipo de cociña do "Masterchef Numancia". Nenos e maiores non deixaron rastro da comida acompañada como non por auga, refrescos, e bo viño das Bodegas Murillo Viteri.
Numancia de Ares. Mosteiro de Santa Catalina (Montefaro).
Na hora do café e da bola aproveitabase para comezar coa entrega de agasallos. Desta maneira os adestradores dos prebenxamíns repartiron gominolas, trofeos e camisetas aos seus pupilos, sendo correspondidos por xogadores e familiares que agasallaban aos adestradores con fotografías e camisetas. Os nenos dos biberóns levaban de agasallo unhas bonitas pulseiras artesanais do Numancia e tamén gominolas. Os nenos e familiares dos benxamíns agasallaban aos seus adestradores cunhas fermosas cazadoras do Numancia. Agasallos, aplausos, momentos emocionantes e moita festa para todos, incluida para o xefe de cantina Pepe e o fotógrafo Ramón que tamén tiveron o seu agasallo.

Como non podía ser doutra maneira, chegaba tamén o momento do tradicional sorteo de agasallos donados por diferentes persoas, entidades e casas comerciais entre os asistentes á festa. Desta maneira o xogador alevín Jaime Sánchez e o prebenxamín Mateo Martínez conseguían as duas prazas gratuitas para o Campus do Celta de Vigo en Ares. O gardarredes prebenxamín Óscar Fernández lograba unha praza gratuita para o Campus de Porteiros Diego Rivas de Ares. O xogador de menos idade do Numancia, o biberón Marcos Feal lograba unha equipación completa do Real Madrid. David Feal dos alevíns conseguía as lubas do porteiro do Malaga CF, Kameni. Os prebenxamíns Aketx Aranaga e Óscar Fernández terán a ocasión de personalizar de forma gratuita as suas caneleiras en Solucione Bordados Ferrol. O alevín Pablo Cartelle, o benxamín David López e o prebenxamín Leo Iglesias terán un 10% de desconto na sua próxima compra en Masfútbol Narón. Ningún neno quedou sen agasallo, xa que sortearonse tamén moitos balóns, un polo do Real Madrid e bolsas de agasallos de "El Mundo Deportivo" con productos do FC Barcelona.

En definitiva, un día de convivencia e festa para o fútbol - 8 do Numancia que non sería posible sen a asistencia de todos e todas e sen a colaboración das seguintes persoas e firmas comerciais:

- Concello de Ares (2 prazas gratuitas para o Campus do Celta de Viga e 1 praza gratuita para o Campus de Porteiros Diego Rivas)

- www.blogdechollos.com (Equipación completa do Real Madrid)

- José Juan Vilar (Concelleiro de Deportes de Ares) e Todo Deporte de Betanzos (balóns de fútbol)

- Fran Bardanca e María Elena Fuentes (Lubas de Kameni).

- MásFútbol Narón, ( 3 vales do 10% de desconto).

- Solucione Bordados Ferrol (2 vales para personalizar as caneleiras).

- Peña Madridista O´ Betanzeiro de Ares (1 polo do Real Madrid).

- Peña Barcelonista Aresana (bolsas de agasallos de "El Mundo Deportivo")

Grazas a eles e a todos os asistentes por asistir a esta tradicional Festa de Fin de temporada do fútbol - 8 do Numancia e tamén como non ao persoal do Mosteiro que coma sempre dispensou un gran trato a familia numantina. Agora os nenos afrontarán un último mes da temporada na que adestrarán e cumprirán os compromisos cos distintos equipos da provincia asistinto aos clásicos torneos primaverais de fin de temporada, antes de coller unhas merecidas vacacións de verán para coller forzas de cara a unha nova temporada onde agardemos poidamos estar novamente todos e todas para despedila dentro dun ano como se merece novamente nun dos mellores lugares do país, o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.