III CAMPUS DE PORTEIROS DIEGO RIVAS 2015

Unha vez rematado o curso escolar, desenvolverase en Ares (A Coruña), o “III Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”. Dito campus terá lugar o mércores 24, e o xoves 25, de 10,00 a 13,30 h., así como o venres 26 de xuño de 10,00 a 18,30h. no campo de fútbol municipal de Prados Vellos (Ares).

 



O Campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na actualidade gardamallas profesional do Albacete Balompé S.A.D., e Diplomado en Maxisterio ca especialidade de E. Física, que coordinará un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.

Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 17 anos).

Haberá tan só 42 prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscripción. O prazo para inscribirense estará aberto do 1 de maio ao 16 de xuño, sempre e cando haxa prazas libres, puidendo facer a inscripción durante ese período pola seguintes canles:

a.- Descargando o formulario a través da web do evento en www.campus.diegorivas.es . (Unha vez cubertos os datos do alumn@ e preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo )

b.- Recollendo a folla de inscripción no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo, puidendo facer o pago en ventanilla.

O prezo de inscripción é de 70 € (60 € para os empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR ou do Galicia de Mugardos, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar).

Neste enlace tes máis información sobre o campus.

 

 

III Campus de porteiros Diego Rivas 2015.

 

III Campus de porteiros Diego Rivas 2015.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.