PREVIA. FIN DE SEMANA DO 8 AO 10 DE MAIO DE 2015

UNHA COPA DE ILUSIÓN

Despois do fin de Liga e do soño dos xuvenis, toca centrarse na competición de Copa dos modestos e nas últimas xornadas e torneos de convivencia do fútbol base. Analizamos o que nos agarda este fin de semana:

 



MODESTOS: Xogarán o partido de volta da fase previa da Copa ante o Rosalía de Vilaboa. O 1 - 1 do partido de ida fai que o Numancia teña unha mínima nunha eliminatoria que deberá sentenciar en Prados Vellos. Contamos contigo o domingo as 17:30 en Prados Vellos nun partido no que pase o que pase de seguro que será algo especial. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

 

Numancia de Ares. AfeccionadosXUVENIS: Teñen xornada de descanso.

CADETES: Última xornada de Liga na que teñen un duelo da zona media recibindo a SD O Val en Prados Vellos a partir das 18:15 do sábado.

INFANTÍS: Tamén afrontan a última xornada de Liga. Neste caso reciben a un Narón que necesita puntuar en Ares para poder xogar a fase de ascenso. ¿Serán capaces os numantinos de impedilo? Podes descubrilo o sábado as 16:30 en  Prados Vellos.

FÚTBOL - 8: Os alevíns e os biberóns teñen xornada de descanso. Os prebenxamíns afrontan a Xornada de Convivencia no magnífico campo de Rio Seco de Narón. Prebenxamín "A" e Prebenxamín "B" xogarán venres pola tarde e sábado pola mañá a Fase de Grupos. En caso de clasificarse, xogarían o sábado pola tarde a fase final. Tamén o equipo benxamín ten a Xornada de Convivencia neste caso nas magníficas instalacións de Caranza. Xogarán a Fase de Grupos durante a tarde do venres e no caso de clasificarse xogarían a Fase Final na tarde do sábado. ¡¡¡Sorte a todos e a disfrutar aprendendo¡¡¡

En resumo, a temporada vai chegando aos seus últimos coletazos, pero estamos seguros de que queda moito por disfrutar, ver e agardemos que festexar. ¡¡¡Porque xa nos vai tocando¡¡¡

O Numancia somos tod@s

"Caer está permitido, levantarse es obligatorio"

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.