PREVIA. FIN DE SEMANA DO 24 AO 28 DE ABRIL DE 2015

ESTE SÁBADO, TOD@S COS XUVENÍS


Ultimo fin de semana do mes de abril que chega como non podía ser doutra maneira cargado de fútbol. Cita estelar o sábado cos xuvenís nunha xornada onde xogarán todos os equipos da entidade. Analizamos o que nos agarda para os próximos días:


MODESTOS: Última xornada da Segunda Autonómica. Xogarán o 5º e o 4º clasificado da categoría. Ortigueira e Numancia cos seus postos na clasificación confirmados pecharán a Liga o domingo as 17:00 no terreo de xogo de Morouzos. ¡¡¡Boa viaxe¡¡¡

Numancia de Ares. TOD@S COS XUVENIS.

XUVENÍS: Chega a hora da verdade. Numancia líder 39 puntos en 18 partidos, Portuarios segundo con 38 puntos en 17 partidos e As Pontes terceiro con 37 tamén en 17 partidos xogaránse nas últimas tres xornadas o campionato de Liga e o subcampionato que dan acceso a xogar a fase de ascenso a Liga Galega. Esta semana Numancia - As Pontes, a seguinte As Pontes - Portuarios e na última Portuarios - Numancia. ¿Alguén da mais?.


Este sábado Prados Vellos ten que ser un auténtico fortín xa que os xuvenís darían un paso de xigante en caso de vencer ante o compricado CD As Pontes. As 18:30 todo o Numancia cos rapaces en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


CADETES: Teñen xornada de descanso na Liga Cadete Coca Cola grupo 3.


INFANTÍS: Reciben a visita dun dos rivais da zona alta, o Galicia de Caranza "B" equipo co que conseguiron empatar na primeira volta. Os infantís buscarán refrendar a boa imaxe das últimas semanas. Sen dúbida bo aperitivo ao gran partido dos xuvenís o sábado as 16:15 nunha gran tarde de fútbol en Prados Vellos.


FÚTBOL - 8: O venres xoga o prebenxamín "B" as 17:30 en Caranza ante o G. Caranza "B". As 19:00 no campo de O Beco os benxamíns visitan ao Cedeira SD. Tamén as 19:00 os alevíns xogan no campo de A Gándara ante o SDR Ánimas.


O sábado as 11:00 o prebenxamín "A" recibe ao AD Miño en Prados Vellos. Por último o martes as 17:30 os biberóns reciben ao SD Val en Prados Vellos.


En resumo, xornada bonita e onde os xuvenís xogan un dos partidos mais bonitos e determinantes dos últimos anos para o Numancia. ¡¡¡Qué disfruten¡¡¡ E que nos fagan disfrutar para poder vivir un bonito partido cun ambiente fenomenal e deportivo en Prados Vellos.


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Ortigueira, Prados Vellos, A Gándara, Cedeira ou en Caranza¡¡¡


"Si caminas sólo irás rápido, si caminas acompañado llegarás lejos" 


O Numancia somos todos.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.