ITV. FIN DE SEMANAN DO 16 AO 19 DE ABRIL DE 2015.

GRAN LOGRO DOS MODESTOS

A pasada xornada deixounos un saldo moi positivo para o Numancia. Vitorias de modestos, xuvenís e infantís e bo traballo dos cadetes ante o As Pontes. Analizamos os partidos da pasada fin de semana:



MODESTOS: Vitoria na penúltima xornada en Ares ante o Mandiá e confirmación do 4º posto na clasificación da Segunda Autonómica; a mellor clasificación do primeiro equipo do Numancia na Segunda Autonómica nos últimos anos. Pouco máis que añadir. ¡¡¡Noraboa a tod@s¡¡¡
Numancia de Ares. Os modestos celebrando o 4º posto. (19/04/2015)
XUVENÍS: Triunfo importante ante a SD Val "B" a domicilio no anexo de O Sinde para recuperar o liderato. Chegan as últimas 3 xornadas con Numancia, Portuarios e CD As Pontes loitando pola liga e pola fase de ascenso e con enfrentamentos directos entre todos eles nas últimas tres xornadas....

CADETES: Bo traballo ante o segundo clasificado, un CD As Pontes que sufriu para vencer en Prados Vellos.

INFANTÍS: O venres meritoria vitoria ante o sempre compriado CD As Pontes en O Poboado. O sábado axudaron os cadetes no seu partido.

FÚTBOL - 8: Tres partidos houbo o venres en Prados Vellos. Os alevíns caían ante o Galicia de Caranza "D" nun duelo moi igualado. Vitoria clara dos benxamíns ante un aguerrido Racing San Pedro. O prebenxamín "B" empataba co X. Cabañas nun fermoso partido. O sábado o prebenxamín "A" vencía en A Pedreira ante o Galicia de Mugardos no derbi da categoría.

En resumo, unha xornada que nos deixou a ledicia dos modestos con corte de pelo incluido e que deixa aos xuvenís nuha posición inmellorable de cara as últimas tres xornadas. ¿Algúen da mais)

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.