ENTREGA DO DESFIBRILADOR
AGRADECEMENTO AO POBO DE ARES
Ante as noticias publicadas nos últimos días informando dos apoios públicos aos clubs da nosa comarca, o Numancia quere valorar debidamente o esforzo que o pobo aresán está a realizar para poder seguir mantendo o nivel competitivo dos seus veciños.
Ares, 2 de abril de 2015.
Se en Miño lles regalan un desfibrilador para o campo de fútbol, ou se en Ortigueira o concello lle concede ao club de fútbol unha subvención de 20.000 €, aquí en Ares somos todos os veciños e veciñas os que compramos as rifas dunha impresora ou da camiseta de Cristiano Ronaldo, e somos as familias as que colaboramos cunhas contribucións periódicas para que Prados Vellos teña desfibrilador e para que o Numancia saia cada temporada con equipos en todas as categorías.
Como xa coñecemos, este domingo as “mulleres numantinas”, a sección feminina non constituída en peña oficial do equipo, pero case, fixo entrega do desfibrilador ao presidente do club. Pois ben, parécenos oportuno transmitir as contas e as campañas realizadas para poder poder pagar o aparello.
Da campaña das camisetas co lema “Eu son Numan” obtivéronse uns beneficios de 260 €; coa rifas para sortear as impresoras, 170 €; das camisetas rifadas na clausura do F-8 celebrada en St.ª Catalina, 160 €; e, do sorteo da camiseta de Cristiano Ronaldo, doada polo R. Madrid, 1890 €. A suma total ascende a 2480 €.
En definitiva, unha cantidade importante obtida grazas ao esforzo de moitas persoas implicadas e interesadas para que o Numancia sexa un club ao nivel que lle corresponde e merece a sociedade aresá.
Moitas grazas a tod@s.