ITV. FIN DE SEMANA DO 19 AO 22 DE MARZO DE 2015.

BOA FIN DE SEMANA

Vitorias de modestos, xuvenís e infantís na pasada fin de semana que foi bastante positiva para os intereses do Numancia. Analizamos a pasada xornada:

 

 

 

 

MODESTOS: O venres en As Pontes facían un gran partido ante o 2º clasificado, o CD As Pontes "B" que tivo que sufrir ata os últimos minutos para superar ao noso equipo.
Numancia de Ares. Benxamins.
O domingo vencían no complicado campo de Narahío ante o conxunto local, afianzándose desta maneira na 5ª posición da Segunda Autonómica cando restan catro xornadas por disputarse.

XUVENÍS: Vitoria relativamente cómoda ante o Meirás CF en Prados Vellos. Con este triunfo, o Numancia sigue na 2ª posición da clasificación. As Pontes, Numancia e Portuarios loitarán polo título e pola fase de ascenso nesta recta final de Liga onde os tres equipos xogarán entre eles nas últimas tres xornadas de Liga. ¡¡¡Partido a partido¡¡¡

CADETES: Recuperaron a boa imaxe no díficil campo do Misael Prieto ante o Meirás nun partido no que participaron co equipo cadete ata cinco xogadores do equipo infantil da entidade.

INFANTÍS: Ademáis de axudar aos cadetes, deron a sorpresa na mañá do venres derrotando en Prados Vellos ao 4º clasificado, o Racing San Pedro. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡

FÚTBOL - 8: Os alevíns caían na Gándara ante o EF Ensanche. Os benxamíns vencían con comodidade en O Beco ante o Cedeira SD "B". O prebenxamín "A" descansaba. O prebenxamín "B" caía pola mínima ante o líder, o Portuarios en Aneiros. Os biberóns gozaban dun novo partido da Liga AFACO ante o Eume Deportivo en Prados Vellos.

En resumo, nova xornada da recta final das competicións que nos deixa bo sabor de boca e a modestos e xuvenís coas opcións intactas para seguir loitando. ¡¡¡A seguir así¡¡¡

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.