A.C. XÁBREGA: CONCERTO

CANCIÓNS PARA A HISTORIA DO NUMANCIA

Este venres, 20 de marzo, ás 20.00 h. a A.C. Xábrega programou un concerto con “Os dous de sempre +1”, no Casino aresán.
 
 
 
Ares, 19 de marzo de 2015.
 
Emilio Mesías Farías, un dos compoñentes do grupo, explícanos como vai ser a actuación deste venres:

“Nese concerto, no que tocaremos temas do repertorio tradicional, adaptado, ademais de composicións nosas, haberá tamén un espazo para a tradición musical aresá. Nese apartado faremos unha pausa na aportación daquelas comparsas ou cancións onde tiña protagonismo o Numancia, mediante crónicas de viaxes, cando ían xogar a Santiago, no coche de Ramón ou á Betanzos onde se desprazaban en barco...

Considerando o interés que ten o feito da recuperación do noso patrimonio, neste caso histórico-local, convídovos a asistir ao noso concerto.”

Para máis información podemos entrar no espazo web de Xábrega:
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.