ITV. FIN DE SEMANA DO 13 AO 15 DE MARZO DE 2015.

ORGULLOSOS DA XUVENTUDE


A pasada fin de semana foi moi positiva para os intereses do Numancia. Destacou a canteira xa que os xuvenís axudaron aos modestos e solventaron o seu difícil partido. Analizamos a xornada:


MODESTOS: Vitoria ante un dos equipos máis veteranos da categoría, o UD Cebarca en Cerdido. Vitoria de moito mérito xa que a media de idade do Numancia neste partido foi de 21 anos, participando 5 xogadores xuvenís co primeiro equipo. Despois desta vitoria, o Numancia situase no 5º posto a un punto do 4º clasificado e cun partido menos, cando restan 5 xornadas para que finalice a Segunda Autonómica.

Numancia de Ares. Veteranía e Xuventude nos modestos.

XUVENÍS: Vitoria moi importante en Narón ante un dos rivais directos na loita polas primeiras posicións. Os rapaces deixaron atrás a mala imaxe dos últimos dous partidos e venceron con claridade, autoridade e deportividade ao 4º clasificado no Cadaval. Situanse na 2º posición que da acceso a xogar fase de ascenso, un punto por debaixo do líder, o CD As Pontes. ¡¡¡Noraboa xuvenís¡¡¡


CADETES: Partido para esquecer dos cadetes que caeron de forma estrepitosa ante o líder da competición, o Racing de Ferrol "B" en Prados Vellos.


INFANTÍS: Empate a domicilio ante a SD O Val nun partido moi intenso e disputado nas instalacións no anexo de O Sinde.


FÚTBOL - 8: Os alevíns caían pola mímina ante o Galicia de Caranza "C" en Prados Vellos. Tamén en Ares os benxamíns vencían de maneira axustada ao SDR Ánimas de Ferrol e o prebenxamín "A" firmaba a igualada co SD O Val.


En resumo, unha xornada máis e unha xornada menos. Estamos no tramo final da temporada disfrutando ao ver como o primeiro equipo loita por quedar na zona nobre da Segunda Autonómica e como os xuvenís fan soñar a Marea Vermella e aínda por riba axudan meritoriamente ao primeiro equipo. ¡¡¡Toca seguir animando¡¡¡


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.