PREVIA. FIN DE SEMANA DO 27 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO DE 2015.

COA ILUSIÓN POR BANDEIRA


Última semana de competición do mes de febreiro na que á sua vez algúns dos equipos xa xogarán en Marzo. Cadetes e xuvenís adiantan os seus partidos ao venres nunha xornada con moito fútbol en Prados Vellos. Analizamos:


MODESTOS: Partido compricado o desta xornada xa que o domingo visitan ao 3º clasificado, o CD As Pontes "B". Cando restan 8 xornadas para finalizar a Liga, terceiro e quinto enfróntase nun partido que promete ser emocionante, disputado e bonito para os espectadores. Será o domingo as 16:30 cando a Marea Vermella acudirá a O Poboado para animar ao primeiro equipo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

Biberóns do Numancia de Ares

XUVENÍS: Visitan na segunda xornada da segunda volta a un dos equipos situados na zona media da clasificación, o EF Ensanche que na primeira volta logrou empatar en Prados Vellos. Os rapaces buscarán a vitoria para consolidarse na cabeza da clasificación. O partido adiántase ao venres as 18:45 no campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol. ¡¡Tod@s cos xuvenís¡¡¡


CADETES: Reciben na segunda xornada da segunda volta a un equipo situado un punto por enriba na clasificación, o Galicia de Caranza "B". Partido da zona media no que os numantinos buscarán seguir coa racha de vitorias das últimas duas semanas. Será o venres as 17:00 en Prados Vellos.


INFANTÍS: Na 17ª xornada de Liga visitan ao colista, o Cultural Maniños. Os numantinos buscarán recuperar a boa imaxe de antaño para coller moral e puntos nesta esixente Liga. Será o domingo as 11:45 nun partido que se xogará no campo Municipal de Os Pinares en Perlío.


FÚTBOL - 8: Abre xornada o venres o prebenxamín "B" visitando ao Galicia de Caranza "D" as 19:00. O sábado pola mañá gran festa do fútbol - 8 numantino con catro categorías xogando en Prados Vellos. As 10:30 os alevíns reciben a SD O Val "B". As 11:00 no campo do lado volve a Liga AFACO de fútbol - 8 biberón cun derbi entre Numancia e Galicia de Mugardos. As 11:30 os benxamíns reciben ao líder, o Perlío. Pechan xornada as 12:30 o prebenxamín "A" que recibe ao Rápido de Neda nun novo partido du grupo 1º da categoría. ¡¡¡Gran festa do fútbol - 8 o sábado en Prados Vellos que ninguén debe perderse¡¡¡ Acudide a animar e a disfrutar dos rapaces.


En resumo, xornada onde agardamos que os modestos e os xuvenís sigan na boa línea. Cadetes e infantís de seguro que loitarán por cada balón e o fúbtol - 8 agasallanos cunha festa de partidos na mañá do sábado. A disfrutar e que non se lastime ninguén.


O Numancia somos tod@s


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.