PREVIA. FIN DE SEMANA DO 5 AO 8 DE FEBREIRO DE 2015.

CONTRA Ó FRÍO, MOITO FÚTBOL

Nova xornada para casi todos os equipos do Numancia, xa que os xuvenís descansan. Temos un pouco de todo este fin de semana, catro partidos en Ares e outros tantos a domicilio. Analizamos o que nos agarda estos días:

 

 

MODESTOS: Reciben na 20ª xornada da Segunda Autonómica a outro dos equipos que está loitando por escapar dos postos de perigo, o Rosalía de Vilaboa. Sen dúbida un encontro que será compricado ante un rival correoso e que buscará por todos os medios sacar algo positivo da súa visita a Ares. Será o domingo as 16:30 cando a Marea Vermella teña unha cita co primeiro equipo da entidade. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Numancia de Ares. Prebenxamins "B".

XUVENÍS: Descansan nunha 10ª xornada de Liga á espera dos enfrentamientos directos das vindeiras semanas.

CADETES: Reciben na 10ª xornada de Liga ao 2º clasificado, o Portuarios de Ferrol Vello. Duro envite para os nosos cadetes que intentarán compricarlle as cousas a un dos equipos mais fortes da categoría. Será o sábado as 16:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

INFANTÍS: Visitan na 13ª xornada ao 3º clasificado, o Narón Balompé Piñeiros. Desprazamento compricado para os infantís que buscarán dar unha nova sorpresa ante outro dos equipos punteiros da categoría. Será o venres as 19:00 no campo de O Cadaval en Piñeiros.

FÚTBOL - 8: Abren a xornada os biberóns, que o xoves as 18:30 no pavillón de Ares xogan a última xornada da Liga AFACO de fútbol - 6 no Pavillón de Ares. O venres xogan os benxamíns as 18:00 ante o Racing San Pedro en A Gándara. O prebenxamín “B” xoga en Pontedeume ante o Eume Deportivo as 18:30. Por último as 19:00 os alevíns visitan ao Galicia de Caranza "D" en Caranza. Para o sábado queda o partido do prebenxamín "A" que recibe ao CD As Pontes as 11:30 en Prados Vellos.

En resumo, nova xornada na que tocará abrigarse moi ben e quentar as mans e as gorxas animando a todos os nosos equipos e tamén disfrutando do café quente das cantinas.

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Piñeiros, Caranza, A Gándara, Pontedeume ou no Pavillón de Ares.

¡¡¡O numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.