ITV. FIN DE SEMANA DO 28 DE XANEIRO AO 1 DE FEBREIRO DE 2015
TERMINOU UN BO MES DE XANEIRO
Última semana do mes de xaneiro para o Numancia. Xornada incompleta na que xuvenís e cadetes non xogaron. Analizamos o que nos deparou o fin de semana:
MODESTOS: Empate épico e moi meritorio no difícil campo de Os Calzados de A Capela nun partido no que ao noso primeiro equipo pasoulle de todo. Resistiron con espíritu numantino e siguen na zona alta da Segunda Autonómica.
XUVENÍS: A mala climatoloxía propiciou o adiamento do partido entre os dous equipos para preservar o estado dos campos de fútbol de O Poboado. Pese a non xogar, o Numancia mantén a segunda posición e na próxima semana ten xornada de descanso por calendario. Queda moito por diante e de momento os nosos xuvenís seguen moi ben posicionados para afrontar os portos de montaña no futuro.
CADETES: Tiveron xornada de descanso e continuan na zona media da clasificación.
INFANTÍS: Rompeuse a boa dinámica de resultados dos infantís. O Rápido de Neda conseguiu dobregar ao Numancia en Prados Vellos nun partido moi disputado. Continuan tamén na zona media da clasificación.
FÚTBOL - 8: Os alevíns caían en Prados Vellos ante o Cedeira. Os benxamíns vencían con claridade ao Narón Balompé "B". O prebenxamín "A" vencía tamén con claridade en Miño. O prebenxamín "B" dobregaba con autoridade ao Galicia de Caranza "B". Os biberóns disfrutaban do fútbol - 6 ante o Perlío a domicilio. Gran compromiso e traballo de nenos e acompañantes nun fin de semana compricado no aspecto climatolóxico. ¡¡¡Hai futuro¡¡¡
En resumo, última semana dun mes de xaneiro onde os modestos instaláronse na zona alta da Segunda Autonómica. Os xuvenís comparon licencia para soñar e onde cadetes e infantis seguen dando a cara xogando tamén entre os mellores da sua categoría. No fútbol -8 como non pode ser doutra maneira seguen aprendendo e disfrutando.
O Numancia somos tod@s
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡