ADR NUMANCIA DE ARES. ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA.

Para o venres, 13 de febreiro de 2015 está convocada a asemblea xeral ordinaria e extraordinaria da ADR Numancia de Ares. A asemblea ordinaria terá lugar ás 19:30 h. en primeira convocatoria e ás 20:00 h. en segunda convocatoria.

 


Ares, 28 de xaneiro de 2015

No local social da ADR Numancia, ubicado no campo de fútbol de Prados Vellos, celebrarase esta asemblea xeral ordinaria, segundo a seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.

2º.- Aprobación, se procede, do plan de actividades.

3º.- Aprobación, se procede, das contas do ano 2014.

4º.- Aprobación, se procede, dos orzamentos para o ano 2015.

5º.- Preguntas e suxestións.


ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA. ELECCIÓN DO PRESIDENTE/A.

A continuación, e una vez remata a asemblea xeral ordinaria, terá lugar a asemblea extraordinaria, cun único punto na orde do día:

1º.- Elección do novo Presidente/a.

A continuación engadimos a normativa referente a este punto:

A Xunta Directiva da ADR Numancia de Ares en reunión celebrada o 16 de xaneiro de 2015, acorda abrir o proceso electoral para a renovación da súa Xunta Directiva.

Artigos dos Estatutos aplicables:

Artigo 6º:

1f).- O socio de número terá dereito a ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

Artigo 10º:

O Presidente será elexido mediante sufraxio libre, directo, o igual e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

Artigo 12º:

1) Como órgano complementario dos de goberno e representación poderá haber una Xunta Directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club, e exercerá as función que os estatutos lle confire.

2) Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente polo Presidente, debendo dar conta diso na primeira Axamblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte como mínimo un secretario e un tesoureiro. Tamén poderá haber un vicepresidente e varios vogais. Tódolos cargos serán gratuitos e carecen de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta.

Calendario electoral:

25 de xaneiro de 2015.-Constitución da Xunta Electoral nas instalacións da Asociación, e que estará composta polo presidente, o secretario e un socio/a que non pertenza á Xunta Directiva.

26 de xaneiro de 2015.- Apertura do prazo de presentación de candidaturas.

7 de febreiro de 2015.- Fin do prazo de presentación de candidaturas.

12 de febreiro de 2015.- Fin do prazo de reclamacións.

13 de febreiro de 2015.- Votación das candidaturas e proclamación da nova Xunta Directiva.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.