ITV. FIN DE SEMANA DO 23 AO 25 DE XANEIRO DE 2015

EXPEDIENTE X

Nova xornada de competición para todos os equipos do Numancia. Os empates foron os principais protagonistas dos partidos, aínda que estiveron adornados pola vitoria do primeiro equipo o domingo. Analizamos:

 



MODESTOS: Vitoria cómoda en Prados Vellos ante o CD San Sadurniño para seguir na boa línea e conservar a 6ª posición na Segunda Autonómica.Numancia Modestos. Gran parada de Cristian ante o San Sadurniño (25/01/2015)

XUVENÍS: Empate agridoce dos nosos xuvenís ante un SD O Val "B" que escapou vivo de Prados Vellos. Iso si, os demais resultados da xornada foron positivos e o Numancia segue na 2º posición da táboa, polo que continua en postos de fase de ascenso e mantén xunto con Portuarios, Narón e As Pontes as distancias cos perseguidores.

CADETES: O equipo cadete fixo unha gran primeira metade ante un dos equipos da zona alta como o CD As Pontes no Poboado. Finalmente a eficacia dos locais impúxose na segunda metade ao noso equipo na fría tarde pontesa do venres.

INFANTÍS: Bo momento no que se atopan os infantís con 4 puntos nas últimas duas xornadas. Desta vez sorprenderon ao Galicia de Caranza "B" a domicilio conseguindo un empate moi meritorio ante un dos equipos da zona alta.

FÚTBOL - 8: Os alevíns empataban a domicilio ante o Rápido de Neda "B". Os benxamíns firmaban as táboas ante o UD Cebarca na sua visita a Cerdido. O prebenxamín "A" empataba tamén ante o Galicia de Mugardos en Prados Vellos nun precioso derbi entre veciños. O prebenxamín "B" vencía con claridade en A Veiga ante o anfitrión, o E.F Cabañas.

En resumo, unha xornada onde non houbo moitas vitorias pero tampouco moitas derrotas. Todos os equipos siguen sumando puntos, experiencia ou momentos de diversión e aprendizaxe no caso dos mais pequenos.

O Numancia somos tod@s

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.