ELECCIONS NA ADR NUMANCIA DE ARES.
CONSTITUCION DA XUNTA ELECTORAL
No día de onte, domingo 25 de xaneiro, no descanso do partido entre o Numancia e o San Sadurniño, tivo lugar na secretaría do club o sorteo para escoller ao socio/a que formará parte da Xunta Electoral, xunto ao presidente e ao secretario da actual xunta directiva....
Seguidamente, celebrouse unha reunión desta Xunta Electoral na que elaboraron o calendario electoral, marcando os prazos de presentación de candidaturas así como o día da elección da nova xunta directiva.
Ares, 26 de xaneiro de 2015.
Transcorridos os catro anos de mandato da actual xunta directiva da ADR NUMANCIA DE ARES, asistimos ao comezo dun proceso electoral que comezou este pasado domingo coa constitución dunha Xunta Electoral, formada polo presidente D. Antonio Rodríguez Martínez, secretario D. Luís Casás Fachal, e D. Hipólito Cartelle Rozas, socio elexido por sorteo. Unha vez reunida dita Xunta aprovouse o calendario electoral que publicamos a continuación:
Na acta de constitución da Xunta Electoral celebrada o 25 de xaneiro de 2015 para renovación da Xunta Directiva da ADR Numancia de Ares establéceuse o seguinte calendario electoral:
- 26 de xaneiro de 2015.- Apertura do prazo para presentación de candidaturas.
- 7 de febreiro de 2015.- Fin do prazo para presentación de candidaturas.
- 12 de febreiro de 2015.- Fin do prazo de reclamacións.
- 13 de febreiro de 2015.- Votación das candidaturas e proclamación da nova Xunta Directiva.
Desde aquí animamos á toda a familia numantina a participar tanto na asistencia ás asembleas como na presentación de candidaturas a xunta directiva.
O Numacia somos tod@s.