PREVIA. FIN DE SEMANA DO 23 AO 25 DE XANEIRO DE 2015

MAL TEMPO, BOA CARA NUMANTINA

Todos os equipos do Numancia, agás os biberóns teñen partido nesta fin de semana. Analizamos o que nos agarda nesta nova fin de semana de inverno.

 



MODESTOS: Reciben na 18ª xornada ao 13ª clasificado, o CD San Sadurniño, un equipo que conseguiu derrotar ao Numancia na primeira volta. Boa ocasión para resarcirse e para refrendar cunha vitoria a boa imaxe das últimas xornadas. Será o domingo as 16:30 en Prados Vellos e anuncian sol, polo tanto non haberá excusas para que a Marea Vermella non acuda a animar ao noso equipo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Numancia de Ares. Cadetes Numancia - Perlio (17/01/2015)

XUVENÍS: Na 7ª xornada o equipo xuvenil situado na segunda plaza recibe o sábado a un dos equipos da zona baixa, a SD O Val "B". Non deberán confiarse os nosos rapaces xa que o equipo valexo conseguiu todos os seus puntos a domicilio. Será o sábado as once (11:00) cando a Marea Vermella ten unha cita cos xuvenís en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

CADETES: Na 8ª xornada intentarán seguir coa boa imaxe da última xornada o venres as 17:30 no campo de O Poboado de As Pontes a onde acudirán ben abrigados.

INFANTÍS: Xogan na 11ª xornada ante o Galicia de Caranza "B" coa intención de seguir sorprendendo aos equipos da zona alta. Será o sábado as 11:00 no Municipal Javier Gómez Noya de Caranza.

FÚTBOL - 8: Abren xornada os dous equipos de prebenxamíns o venres. As 17:30 temos derbi en Prados Vellos. O prebenxamín "A" recibe ao Galicia de Mugardos nunha boa ocasión de disfrutar do fútbol dos pequenos entre equipos veciños. As 18:00 o prebenxamín "B" xoga no campo de A Veiga ante o equipo anfitrión, o E.F. Cabanas.

O sábado os alevíns xogan en Neda as 10:00 ante o Rápido de Neda "B". Os benxamíns viaxan ata A Barqueira no concello de Cerdido para xogar as 12:00 ante a UD Cebarca no Bernardino Breijo.

En definitiva, unha nova fin de semana de fútbol onde os abrigos, os gorros e as bufandas serán elementos fundamentais para animar aos nosos futbolistas.

Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, As Pontes, Caranza, Neda, Cerdido ou en Cabanas.

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.