PREVIA. FIN DE SEMANA DO 15 AO 18 DE XANEIRO DE 2015.

MOITO FÚTBOL EN ARES


Todos os equipos do Numancia disputarán a sua xornada de Liga esta fin de semana. Despois da avanzadilla da pasada semana, estos días todos os categorías do fútbol de Ferrolterra volven a competición. Analizamos:


MODESTOS: O equipo de Marcos Amor visita na 17ª xornada ao líder da Segunda Autonómica, o AD Miño. Os nosos xogadores intentarán repetir a boa imaxe da pasada xornada para buscar dar a sorpresa ante o primeiro clasificado. Marea Vermella para conseguilo o domingo as 16:30 no Municipal de Gallamonde en Miño.Numancia de Ares. Prebenxamíns "B"


XUVENÍS: O equipo de Alex González visita na 7ª xornada de Liga ao 6º clasificado, o CCRD Perlío. O noso equipo defenderá a terceira plaza e intentará traerse a vitoria para Ares e de paso buscar o asalto aos primeiros postos ante un rival que sen dúbida ofrecerá moita resistencia na sua casa. Será o sábado as 16:30 no campo Municipal de Os Pinares de Fene. ¡¡¡Tod@s cos xuvenís¡¡¡


CADETES: O equipo de Dani "Gaitas" recibe na 7ª xornada a un rival situado como os nosos na zona media da clasificación, o Perlío. Será o sábado as 16:15 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


INFANTÍS: O equipo de Tony recibe na 10ª xornada ao 5º clasificado, o CD As Pontes. Será o venres as 17:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡


FÚTBOL - 8: ¡¡¡Tod@s a xogar¡¡¡ Abren xornada os biberóns de Marcos hoxe xoves as 18:30 nunha nova xornada do Torneo AFACO de fútbol - 6 ante os amigos do Eume Deportivo. ¡¡¡¡Moi recomendable asistencia¡¡¡ Para o sábado quedan o resto dos partidos dos nosos nenos.  O prebenxamín "A" de Jorge visitan ao Escola Racing de Ferrol "B" na Malata as 11:55. En Prados Vellos maratón de fútbol - 8. As 10:00 os alevíns de Alberto reciben ao EF Ensanche. As 11:00 xogan os benxamíns de Genete ante o Cedeira “B”. Para as 12:00 queda o prebenxamín "B" de Borja que recibe a visita do Perlío. ¡¡¡Acudide a desfrutar e animar aos nenos¡¡¡


En definitiva, unha xornada onde xoves, venres e sábado pola mañá temos moito fútbol en Ares para ir abrindo boca. O sábado pola tarde haberá que repartirse para animar a cadetes e xuvenís. Para o domingo queda a invasión da Marea Vermella en Miño. Todos a disfrutar do fútbol. Somos moit@s así que haberá que aplicar iso de que ¡¡ "La unión hace la fuerza"¡¡¡


Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, Os Pinares, A Malata ou no Pavillón de Ares.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.