ITV. FIN DE SEMANA DO 28 AO 30 DE NOVEMBRO DE 2014

EXCELENTE MES DE NOVEMBRO

Boa xornada dos nosos equipos a pasada fin de semana. Sen dúbida o mes de Novembro sentou moi ben aos nosos xogadores. Analizamos os resultados da pasada fin de semana:

 



MODESTOS: Cuarta vitoria consecutiva. Desta vez venceron nun partido compricado ante o Estrella CF en Santa Cecilia confirmando o seu bo momento.

FÚTBOL BASE: Os xuvenís deixaron escapar vivo ao EF Ensanche de Prados Vellos ao que perdoaron en exceso. Empate na segunda xornada da Liga xuvenil na que agora ocupan o segundo posto que daría opción de xogar a fase de ascenso.Numancia de Ares. Equipo de modestos nunha sesión de quentamento.

O equipo cadete está no seu mellor momento da temporada. Xa con mais efectivos derrotaban ao sempre compricado Galicia de Caranza "B" na segunda xornada dunha Liga Cadete da que son líderes.

Os infantís vencían na 5ª xornada de Liga ao SD O Val en Prados Vellos. Atópanse na zona media da clasificación.

FÚTBOL - 8: Os alevíns e benxamíns disfrutaban da última semana de descanso antes do comezo das suas Ligas. Nos prebenxamíns duas boas novas. O prebenxamín "A" vencía a domicilio ao Rápido de Neda na 1ª Liga da categoría. O prebenxamín "B" derrotaba ao G. Caranza "D" en Prados Vellos na 2ª Liga deste grupo. E os biberóns tiveron xornada de descanso, a espera de que dé comezo a competición de fútbol - 6 organizada pola AFACO.

En definitiva, remata un mes de novembro que nos deixa ao primeiro equipo moi recuperado e ben situado na Segunda Autonómica. No fútbol base os xuvenís, cadetes e infantís están competindo de maneira moi positiva nos grupos dos mellores equipos da categoría. No fútbol - 8 moita saude e tamén (sendo secundarios) bos resultados semana tras semana. ¡¡¡Qué siga o bo momento¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.