PREVIA. FIN DE SEMANA DO 28 AO 30 DE NOVEMBRO DE 2014.

A REDONDEAR UN BO MES

Última xornada do mes de novembro para os distintos equipos do Numancia que intentarán poñer o broche de ouro a un mes que foi bastante fructífero. Estos son os partidos para a fin de semana:
 


MODESTOS: O equipo de Marcos Amor e Cartelle buscará na 12ª xornada da 2ª autonómica a cuarta vitoria consecutiva para seguir escalando postos na clasificación ante un dos equipos situados na zona baixa, o Estrella CF. Será sen dúbida un partido difícil no coqueto terreo de xogo de area de A Solaina en Santa Cecilia. Será o domingo as DOCE (12:00) cando a Marea Vermella está citada para a sesión vermouth con fútbol na Solaina. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡Xuvenís 2013-2014. Numancia - EF Ensanche

XUVENÍS: O equipo de Alex defenderá o liderato na 2ª xornada da Liga principal de xuvenís. Reciben ao EF Ensanche un conxunto que comezaba a Liga empatado co difícil CD As Pontes. Bonito e atractivo partido de xuvenís o sábado as 16:15 en Prados Vellos. ¡¡¡Tod@s cos xuvenís¡¡¡

CADETES: O equipo de Dani e Antonio defenderá tamén o liderato na 2ª xornada da Liga principal cadete. O equipo que sigue reforzándose xogará o sábado as 16:00 ante o compricado Galicia de Caranza "B" no campo Municipal Javier Gómez Noya de Caranza.

INFANTÍS: O equipo de Tony e Jorge recibe na 5ª xornada da Liga principal de infantís a un equipo situado tamén na zona media da clasificación. Numancia e SD O Val buscarán unha vitoria para subir postos e gañar confianza. Será o sábado as 11:00 en Prados Vellos cando tod@s tedes unha cita cos infantís. ¡¡¡Pasamos lista¡¡¡

FÚTBOL - 8: Os alevíns e os benxamíns continúan adestrando duro e agardan polo comezo das Ligas a próxima semana. Os equipos prebenxamíns afrontan a segunda xornada das suas Ligas. O prebenxamín "A" visita ao Rápido de Neda no grupo 1 o venres as 19:00. O prebenxamín "B" recibe ao G. Caranza "D" no grupo 2 o venres as 17:30 en Prados Vellos.

En definitiva, unha xornada para confirmar as boas sensacións das últimas semanas e para pechar a nota final do mes de novembro, agardando que sexa mais que un notable.

Vémonos este fin de semana en Santa Cecilia, Prados Vellos, Caranza ou en Neda.

¡¡¡O Numancia somos tod@s¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.