ITV. FIN DE SEMANA DO 14 AO 16 DE NOVEMBRO DE 2014.

A COMPETIR CONTRA OS MELLORES

Moi boa fin de semana. Unha xornada onde confirmouse o pleno no fútbol base. Os tres equipos de fútbol - 11 da canteira do Numancia competirán nas Ligas principais das suas categorías. Analizamos.

 



MODESTOS: Nova vitoria, esta vez ante a UD Cebarca en Prados Vellos para asentarse na zona media da clasificación.Numancia de Ares. Equipo Biberón Temporada 2014-2015.

FÚTBOL BASE: Os xuvenís empataron en Aneiros ante o Portuarios "B" e finalizaron en cuarta posición na Fase Previa. Unha cuarta posición que da dereito a xogar na Liga principal da categoría.

O equipo cadete perdía en Prados Vellos ante o Portuarios "B". Unha derrota que non importou demasiado porque precisamente o Portuarios "B" non pode acceder a Liga principal da categoría, polo que serán os numantinos que finalizaron en 7ª posición nesta fase previa os que xoguen a citada Liga.

Os infantís conseguían na terceira xornada da Liga principal a primeira vitoria na mesma ante o Cultural Maniños en Prados Vellos. Merecido premio ao traballo das últimas semanas.

FÚTBOL - 8: Os alevíns empataban ante a SD O Val "B" a domicilio e xogarán na Liga grupo 2. Os benxamíns vencían en Cedeira pero non houbo sorte noutros campos e xogarán tamén na Liga grupo 2. O prebenxamín "A" vencía ampliamente en Pontedeume e xogará a Liga principal da categoría. O prebenxamín "B" vencía con claridade en Prados Vellos ao Ánimas "B" e xogará na Liga grupo 2 da categoría. Os biberóns disfrutaban dun novo partido do Torneo AFACO ante o Cultural Maniños.

En definitiva, gran xornada para o Numancia con vitoria do primeiro equipo e confirmación de que os equipos de base están no bo camiño e parece tamén que a un bo nivel. No fútbol - 8 que disfruten, aprendan e xoguen tranquilos.

O Numancia somos tod@s.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.