ITV: FIN DE SEMANA DO 7 AO 9 DE NOVEMBRO DE 2014

A MELLOR XORNADA DA TEMPORADA

Gran fin de semana para os distintos equipos do Numancia. Prácticamente houbo pleno de vitorias nos partidos disputados a pasada xornada que analizamos a continuación:



MODESTOS: Gran vitoria en Mugardos no primeiro derbi da temporada. Tres puntos moi importantes e necesarios para recuperar a moral de cara aos vindeiros compromisos.Numancia de Ares. Equipo Prebenxamín "B" Temporada 2014-2015.

FÚTBOL BASE: Os xuvenís xa clasificados para a liga principal da categoría vencían o AD Miño en Prados Vellos aupándose desa maneira a 4ª posición da Fase Previa. Unha cuarta posición que defenderán na última xornada.

O equipo cadete vencía en Miño aupándose aos postos que dan acceso a liga principal da categoría. Deberán confirmar esa escalada na última xornada de Liga.

Os infantís axudaban de maneira importante o venres na vitoria dos cadetes en Miño. O sábado visitaban algo mermados Cedeira onde caían derrotados de maneira moi axustada ante o equipo local na segunda xornada de Liga.

FÚTBOL - 8: Seguen as boas noticias por parte dos nenos numantinos. Os alevíns vencían en Prados Vellos ao segundo clasificado, o Eume Deportivo. Os benxamíns descansaban. O prebenxamín "A" vencía con autoridade ao AD Miño. O prebenxamín "B" non quixo ser menos e vencía con claridade en Barallobre. Os biberóns xogaban en Narón nun partido onde respetaron as normas do Torneo AFACO e intentaron seguir disfrutando do fútbol.

En resumo, gran xornada con moitas ledicias para a parroquia numantina. Agardemos que o bon nivel amosado polos equipos do Numancia teñan continuidade na seguintes xornadas. ¡¡¡E que non se lesione ninguén¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.