PREVIA. FIN DE SEMANA DO 7 AO 9 DE NOVEMBRO DE 2014.

CHEGA O GRAN DERBI DE MODESTOS


Nova xornada de competición para os diferentes equipos do Numancia. Destaca este fin de semana o derbi de modestos, aínda que tamén temos bo fútbol en Prados Vellos. Analizamos:


MODESTOS: ¿Qué mellor maneira de reencontrarse coa vitoria que conquistando os tres puntos no derbi ante o eterno rival? Pois iso será o que intentarán os xóvenes xogadores do noso primeiro equipo este domingo no gran derbi entre Galicia de Mugardos "B" e Numancia que terá lugar as 16:15 na Pedreira. No campo haberá que loitar a vitoria pero nas bancadas estamos seguros que a MAREA VERMELLA goleará este domingo en Mugardos. ¡¡¡Non podedes faltar¡¡¡Numancia de Ares. Equipo Benxamín Temporada 2014-2015.


XUVENÍS: Logo da xornada de descanso, na que sin xogar conseguiron a clasificación matemática para a liga principal da categoría, recibirán este sábado ao AD Miño que tamén está xa clasificado. Bo partido para ambos equipos de cara a preparar a competición de Liga que comeza dentro de tres semanas. Atractivo partido o sábado as 16:15 en Prados Vellos.


CADETES: Visitan ao AD Miño nun partido no que terán unha gran oportunidade para achegarse a clasificación para a liga principal da categoría. Xogarán o venres as 18:30 no Municipal de Gallamonde en Miño.


INFANTÍS: Afrontarán a segunda xornada da liga forte da categoría. Os infantís buscarán retomar as vitorias e as boas vibracións que os levaron a poder competir cos mellores. Xogarán o sábado as 11:30 no campo de O Beco ante o equipo local, o Cedeira SD.


FÚTBOL- 8:  O venres temos unha fermosa xornada de fútbol - 8 en Prados Vellos. Temos dous partidos bonitos cos catro equipos situados na zona alta da clasificación. As 17:00 atractivo partido de prebenxamíns entre o Numancia "A" e o AD Miño. As 18:00 bo partido de alevíns entre o Numancia e o Eume Deportivo. Tamén o venres se o tempo ó permite xogarán os biberóns no campo de O Cadaval en Piñeiros ante o Narón Balompé a partir das 18:00.


Para o sábado queda o prebenxamín "B" que xogará no campo de O Ramo de Barallobre as 12:00 ante o equipo fenés. Os benxamins teñen xornada de descanso esta semana.


En resumo, gran fin de semana con bos partidos e O PARTIDO. O DERBI no campo de A Pedreira o domingo onde a Marea Vermella ten que axudar a "resucitar" ao noso equipo de modestos. Nas duras e nas maduras. ¡¡¡Aupa Numancia¡¡¡


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Mugardos, Prados Vellos, Miño, Cedeira, Barallobre ou en Narón.


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.