PREVIA. FIN DE SEMANA DO 31 DE OUTUBRO AO 2 DE NOVEMBRO DE 2014.

MOITO FÚTBOL EN PRADOS VELLOS


Nova xornada de competición para os distintos equipos do Numancia. Nesta fin de semana con festivo incluido temos ata cinco partidos en Prados Vellos. Analizamos o que nos agarda nesta xornada:


MODESTOS: Reciben ao lider da Segunda Autonómica, o CD As Pontes "B" o equipo filial do equipo de Terceira División da vila mineira. Sen dúbida un dos mellores equipos que pasará por Prados Vellos esta temporada, con xogadores xóvenes de moita calidade nas suas filas. ¡¡¡Pero os nosos xogadores non son menos¡¡¡ Os numantinos buscarán levantarse e de seguro que lle complicarán as cousas ao equipo pontés. Será o domingo as 16:30 cando toda a Marea Vermella levará ao noso equipo ata a vitoria. ¡¡¡Non podedes faltar¡¡¡Numancia de Ares. Equipo Prebenxamín "A" Temporada 2014-2015.


XUVENÍS: Este fin de semana descansan na competición de Copa grupo A. Estarán pendentes do que suceda no partido CD As Pontes - Galicia de Mugardos xa que unha vitoria do conxunto local suporía a clasificación matemática dos numantinos para a liga dos mellores clasificados.


CADETES: Retoman a competición de Copa grupo A despois da xornada de descanso. Será recibindo o Narón Balompé Piñeiros o sábado as 16:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡


INFANTÍS: Logo dun gran traballo na competición de Copa, comezan a disfrutar do premio este fin de semana. Ese premio non é outro que competir cos mellores equipos da categoría na Liga Infantil grupo 3, onde intentarán representar ao Numancia con humildade da mellor maneira posible. Debutan este venres as 17:00 en Prados Vellos ante a SDR Ánimas de Ferrol. ¡¡¡Pasaremos lista¡¡¡


FÚTBOL- 8: Os equipos de fútbol - 8 xogan todos o sábado os partidos das Fases Previas da Liga. Os alevíns van de excursión ata O Barqueiro - Mañón para xogar as 12:00 ante a SD Cañoles. ¡¡¡Boa viaxe aventureir@s¡¡¡ Os benxamíns reciben as 10:30 en Prados Vellos ao Amistade Meirás. O prebenxamín "B" recibe ao Galicia de Caranza as 11:30 en Prados Vellos. Tamén as 11:30 xoga o prebenxamin "A" en Caranza ante o Galicia de Caranza "C". Os biberóns gozarán dunha semana de descanso para poder preparar as cabazas do Magosto con tempo.


En resumo, unha fin de semana con moito fútbol en Prados Vellos. Todos a disfrutar do fútbol e dos futbolistas de ARES e tamén da boa climatoloxía que acompaña de momento nos partidos de fútbol. E recordade, pase o que pase, ¡¡¡Nunca deixedes de animar ao Numancia¡¡¡


¡¡¡Vémonos este fin de semana en Prados Vellos, O Barqueiro ou en Caranza¡¡¡


O Numancia somos tod@s.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.